Convocatorias

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as subvencións para proxectos de expansión do sector comercial retallista

Do 29-11-2017 ao

Galicia

Resolución do 15 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN228A). (Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto de 2017).

Ampliar info

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as subvencións concedidas para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán

Do 8-11-2017 ao

Galicia

Resolución do 27 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN201G).

Ampliar info

Premios Artesanía de Galicia 2017

Do 2-11-2017 ao 17-11-2017

Galicia

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, convoca os Premios Artesanía de Galicia 2017.

O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Establécense as seguintes modalidades:

  • - Premio Artesanía de Galicia 2017
  • - Premio Traxectoria 2017
  • - Premio Bolsa Eloy Gesto 2017

Ampliar info

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca para o ano 2017 as subvencións para proxectos de expansión do sector comercial retallista

Do 11-8-2017 ao 11-9-2017

Galicia

Orde do 1 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN228A).

Ampliar info