Convocatorias

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica a resolución das axudas concedidas para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego

Do 1-8-2016

Galicia

Resolución do 15 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a mellora da imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego (código de procedemento IN201H) (Diario Oficial de Galicia do 30 de decembro de 2015, número 248).