Convocatorias

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as subvencións concedidas para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán

Do 1-9-2016

Galicia

Resolución do 23 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 21 de marzo de 2016, modificada pola Orde do 6 de maio de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN201G).