Convocatorias

PARTICIPACIÓN EN FEIRAS INTERNACIONAIS

Do 27-10-2014 ao 21-11-2014

Estocolmo e Londres

ARTESANÍA DE GALICIA, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, participará o vindeiro ano co stand institucional da marca nas seguintes feiras profesionais do sector do interiorismo e decoración:

FORMEX, Estocolmo:

Formex constitúe un dos eventos máis importantes para os profesionais do interiorismo e decoración dos Países Escandinavos, e conta con dúas edicións:

Spring/Summer: 14 – 17 xaneiro 2015

Autumm/Winter: 19 – 22 agosto 2015

TENT LONDON, Londres, 24 – 27 setembro 2015

Tent London é unha das citas de referencia a nivel europeo no ámbito do deseño e interiorismo. Encádrase dentro da London Design Week, e está orientada tanto a profesionais do sector como a particulares que buscan produtos novedosos no mercado.

A Fundación expoñerá no stand institucional de Artesanía de Galicia unha colección formada por pezas de varios obradoiros artesáns.

Encargaráse ademáis das labores de promoción previa e posterior a cada evento, da atención aos clientes no stand e doutras accións de promoción específicas para cada evento (mailing para profesionais e medios de comunicación, catálogo de produtos, dossieres de prensa, redes sociais…) así como da tramitación e envío dos pedidos que poidan xurdir.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR:

1 – Ser Obradoiro rexistrado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia

2 – Ter concedido o uso da marca Artesanía de Galicia.

3 – Os Obradoiros participantes cederán en depósito as pezas seleccionadas para a súa exposición nas diferentes edicións das feiras ás que se acudirá. A Fundación poderá facer uso da imaxe da peza para o material promocional da marca Artesanía de Galicia.

PROPOSTAS:

As propostas para estas feiras deberán constar de:

·        Datos completos do obradoiro e persoa de contacto.

·        Fotografías dos produtos que se presentan.

·        Medidas e peso de cada peza.

·        Memoria técnica na que conste: descripción das pezas, materiais e técnicas utilizadas.

·        Precio de venda para tendas, sin IVE.

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN:

O prazo para a presentación das propostas por parte dos obradoiros remata o 21 de novembro de 2014.

Poderán remitirse por correo electrónico a promoción.artesania@xunta.es ou ben por correo postal á oficina da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en Area Central L25 MN, 15.707 Santiago de Compostela (A Coruña).

SELECCIÓN DAS PEZAS:

A Fundación seleccionará as pezas que formen a colección, baseándose sobre todo en criterios de deseño, calidade e prezo de venda. Deberán ser produtos axeitados aos sectores nos que se van a presentar, pensando sobre todo nos Países Escandinavos e nos profesionais que acuden a estas feiras buscando novos deseños.

A selección faráse buscando unha harmonía entre as diferentes pezas, para crear baixo a marca Artesanía de Galicia un catálogo profesional ben estructurado e atractivo para o público ao que nos diriximos.  

ENTREGA DE PEZAS NA FUNDACIÓN:

Os Obradoiros deberán facer chegar as pezas seleccionadas ás oficinas da Fundación e poderán recollelas no mesmo lugar unha vez rematada a feira.

A Fundación non se fará cargo dos custos de transporte das pezas seleccionadas dende os obradoiros ata as oficinas da Fundación.

MÁIS INFORMACIÓN:

www.formex.se

www.tentlondon.co.uk

Para calquera consulta referente a esta convocatoria poden contactar coa Fundación por mail en promocion.artesania@xunta.es ou no teléfono 881999173.