Convocatorias

PARTICIPACIÓN EN FEIRAS INTERNACIONAIS

Do 30-10-2015 ao 13-11-2015

Estocolmo e Londres

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participará durante o ano 2016 cun stand institucional da marca ARTESANÍA DE GALICIA en dúas feiras internacionais profesionais do sector do interiorismo e da decoración.

 

FORMEX, Estocolmo

2 edicións anuais:

Spring/Summer: 20 - 23 xaneiro 2016

Autumm/Winter: 24 - 27 agosto 2016

Lugar: Stockholmsmässan, Estocolmo

 

TENT LONDON, Londres

1 edición anual: 22 – 25 setembro 2016

Lugar: Old Truman Brewery, London East

 

REQUISITOS PARA PARTICIPAR:

Para participar os obradoiros deberán cumprir 2 requisitos:

- Ter o obradoiro rexistrado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

- Ter concedido o uso da marca Artesanía de Galicia, ou estar en trámites de concesión.


PROPOSTAS:

Os obradoiros poderán propoñer un número ilimitado de pezas. Para cada unha delas deberá cubrirse unha ficha de produto, cos datos nela indicados (Anexo A)

As fichas deberán enviarse por correo electrónico a promocion.artesania@xunta.es ou por correo postal ás oficinas da Fundación en Área Central L25 MN, 15707 Santiago de Compostela.


PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS:

O prazo para a presentación das propostas por parte dos obradoiros remata o venres 13 de novembro de 2015.

 

Para calquera consulta referente a esta convocatoria poden contactar coa Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Correo electrónico: promocion.artesania@xunta.es

Teléfono: 881 999 173

 

INFORMACIÓN AMPLIADA NOS ARQUIVOS XUNTOS