Convocatorias

Premios Artesanía de Galicia 2017

Do 2-11-2017 ao 17-11-2017

Galicia

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, convoca os Premios Artesanía de Galicia 2017.

O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Establécense as seguintes modalidades:

  • - Premio Artesanía de Galicia 2017
  • - Premio Traxectoria 2017
  • - Premio Bolsa Eloy Gesto 2017