Convocatorias

Premios Artesanía de Galicia 2018

Do 2-11-2018 ao 16-11-2018

Galicia

 

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, convoca os Premios Artesanía de Galicia 2018.

O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Establécense as seguintes modalidades:

  • - Premio Artesanía de Galicia 2018
  • - Premio Traxectoria 2018
  • - Premio Bolsa Eloy Gesto 2018
Poden consultar as bases neste enlace: 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180522/AnuncioG0424-080518-0007_gl.html