Convocatorias

Agader convoca para o período 2018-2019 subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas (artesanía e actividades artesanais)

Do 29-1-2018 ao 28-2-2018

Galicia

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o período 2018-2019.

Ampliar info

Igape convoca para o exercicio 2018 axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de industria 4.0 (programa Re-accionaTIC)

Do 29-1-2018 ao 31-7-2018

Galicia

Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa Re-accionaTIC), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Ampliar info

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as subvencións concedidas para proxectos de expansión do sector comercial retallista

Do 29-11-2017 ao

Galicia

Resolución do 15 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de expansión comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN228A). (Diario Oficial de Galicia número 153, do 11 de agosto de 2017).

Ampliar info

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica as subvencións concedidas para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán

Do 8-11-2017 ao

Galicia

Resolución do 27 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN201G).

Ampliar info