Convocatorias

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica a resolución pola cal se conceden as subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán.

Do 3-12-2015 ao 3-12-2015

Galicia

Resolución do 23 de novembro de 2015 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 6 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN201G).

Ampliar info

PARTICIPACIÓN EN FEIRAS INTERNACIONAIS

Do 30-10-2015 ao 13-11-2015

Estocolmo e Londres

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participará durante o ano 2016 cun stand institucional da marca ARTESANÍA DE GALICIA en dúas feiras internacionais profesionais do sector do interiorismo e da decoración.

 

FORMEX, Estocolmo

2 edicións anuais:

Spring/Summer: 20 - 23 xaneiro 2016

Autumm/Winter: 24 - 27 agosto 2016

Lugar: Stockholmsmässan, Estocolmo

 

TENT LONDON, Londres

1 edición anual: 22 – 25 setembro 2016

Lugar: Old Truman Brewery, London East

 

REQUISITOS PARA PARTICIPAR:

Para participar os obradoiros deberán cumprir 2 requisitos:

- Ter o obradoiro rexistrado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

- Ter concedido o uso da marca Artesanía de Galicia, ou estar en trámites de concesión.


PROPOSTAS:

Os obradoiros poderán propoñer un número ilimitado de pezas. Para cada unha delas deberá cubrirse unha ficha de produto, cos datos nela indicados (Anexo A)

As fichas deberán enviarse por correo electrónico a promocion.artesania@xunta.es ou por correo postal ás oficinas da Fundación en Área Central L25 MN, 15707 Santiago de Compostela.


PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS:

O prazo para a presentación das propostas por parte dos obradoiros remata o venres 13 de novembro de 2015.

 

Para calquera consulta referente a esta convocatoria poden contactar coa Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Correo electrónico: promocion.artesania@xunta.es

Teléfono: 881 999 173

 

INFORMACIÓN AMPLIADA NOS ARQUIVOS XUNTOS

Ampliar info

A Consellería de Economía e Industria publica a resolución pola que se dá publicidade ás axudas concedidas para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego

Do 1-9-2015 ao

Galicia

Resolución do 17 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego (código de procedemento IN201H) (Diario Oficial de Galicia número 28, do 11 de febreiro), modificada pola Orde do 28 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 143, do 30 de xullo).

Ampliar info

A Consellería de Economía e Industria convoca as subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán

Do 14-8-2015 ao 14-9-2015

Galicia

Orde do 6 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (código de procedemento IN201G).

Ampliar info