Convocatorias

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca os premios Smart Commerce de Galicia 2016

Do 21-6-2016 ao 22-8-2016

Galicia

Orde do 3 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Smart Commerce de Galicia 2016 (código de procedemento IN214C).

Ampliar info

Premios Artesanía de Galicia 2016

Do 30-5-2016 ao 14-6-2016

Galicia

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, convoca os Premios Artesanía de Galicia 2016.

O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Establécense as seguintes modalidades:
Premio Artesanía de Galicia 2016
Premio Traxectoria
Premio Bolsa Eloy Gesto

Ampliar info

A Consellería de Economía, Emprego e Industria modifica a convocatoria das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán

Do 12-5-2016 ao 31-5-2016

Galicia

Orde do 6 de maio de 2016 pola que se modifica a Orde do 21 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN20 1G).

Ampliar info

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca as subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán

Do 12-4-2016 ao 12-5-2016

Galicia

Orde do 21 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN201G).

Ampliar info