Convocatorias

A Consellería de Economía e Industria convoca as subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego

Do 2-8-2014 ao 1-9-2014

Galicia

Orde do 24 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201H).

Ampliar info

A Consellería de Economía e Industria convoca as subvencións para os obradoiros artesanais

Do 20-5-2014 ao 19-6-2015

Galicia

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Orde do 30 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ ás titulares de obradoiros artesanais para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN201G)

Ampliar info

Feiras internacionais Artesanía de Galicia 2019

A Fundación Pública Artesanía de Galicia participará durante o ano 2019 co stand institucional da marca ARTESANÍA DE GALICIA en dúas feiras internacionais profesionais do sector do interiorismo e decoración. FORMEX, Estocolmo: 15 – 18 xaneiro 2019 Lugar: Stockholmsmässan, Estocolmo (Suecia) Visitantes: Máis de 200.000 visitantes profesionais e preto de 500 representantes de medios especializados. Expositores máis de 800 Formex constitúe un dos mellores lugares de encontro no norte de Europa para os profesionais do interiorismo e a decoración, un lugar único onde amosar novos produtos e atopar oportunidades de negocio. Este evento reúne a compradores, axentes intermediarios, deseñadores e produtores da industria do deseño de interiores e do agasallo. Formex brinda aos visitantes información sobre tendencias e inspiración de cara á tempada primaveira / verán, sendo cita obrigada para os medios de comunicación especializados dos Países Escandinavos. Artesanía de Galicia exporá no Hall A, na zona denominada Living Interior & Textile, zona adicada á decoración do fogar. LONDON DESIGN FAIR, Londres: 19 – 22 setembro 2019 Lugar: Old Truman Brewery, London (UK) Visitantes: Máis de 28.000 entre deseñadores de interiores, arquitectos, maioristas, público xeral e medios especializados. Expositores preto de 550 de 36 países. A London Design Fair, é unha das citas máis importantes no ámbito do deseño en Europa. Ten lugar durante a semana do deseño en Londres, un dos mais importantes eventos do deseño e artes aplicadas. Ubicado no corazón creativo de Londres a Old Truman Brewery convírtese durante catro días nun lugar de confluencia onde ver e amosar as últimas tendencias en mobles, iluminación, téxtiles, materiais vanguardistas e proxectos innovadores. Artesanía de Galicia exporá no Hall 10, onde se amosa o traballo de creadores de diferentes países no eido da decoración e deseño de interiores.. OBXECTIVO: A Fundación Pública Artesanía de Galicia ten previsto participar durante o 2019 en Formex (Estocolmo) e a Londres Design Fair (Londres) cunha colección de pezas de diferentes obradoiros baixo o paraugas da marca Artesanía de Galicia. Con esta actuación trátase de crear relacións comerciais con tendas e distribuidores de diferentes países. Grazas ao traballo dos últimos anos nestas feiras existen tendas que contan con produtos de Artesanía de Galicia en países como Suecia, Noruega, Xapón, Alemaña, Dinamarca, Inglaterra ou Australia. Tamén hai que destacar a promoción en medios de comunicación que deu como resultado reportaxes en revistas e webs especializadas. A FUNDACIÓN PÚBLICA ARTESANÍA DE GALICIA: A Fundación faise cargo de todo o traballo que require a asistencia a un evento profesional deste tipo ademáis de xestionar os pedidos de clientes. Deste xeito trátase de dar unha imaxe sólida da marca Artesanía de Galicia: > Elaboración dun catálogo profesional para cada feira, con precios para as tendas e maioristas. > Búsqueda previa de potenciais clientes e promoción previa do evento. > Montaxe e acondicionamento, estilismo e decoración do stand de Artesanía de Galicia. > Atención a clientes durante os catro días da feira e despois do evento. > Formalización dos pedidos cos clientes e xestión dos mesmos cos artesáns implicados. > Facturación das ordes de pedidos: ao cliente. Deste xeito cada tenda recibe unha única factura co total das pezas do seu pedido, simplificando o traballo tanto ao cliente como ao artesán. > Embalaxe de pezas e reexpedición desde as oficinas da Fundación ata o cliente. A Fundación incrementará lixeiramente o prezo de cada peza no catálogo, dependendo do tipo de produto, para costear as caixas e material de embalaxe dos pedidos. > Promoción en medios, previa e posterior a cada feira, a través de mailing e redes sociais. Para isto elabórase un dossier de prensa con información sobre a marca, os diferentes obradoiros, e fotografías en alta resolución de pezas. > Material promocional: Ademais do catálogo de prezos para profesionais, a Fundación elaborará un folleto con información sobre a marca Artesanía de Galicia e sobre os obradoiros, así como postais de cada artesán para distribuír durante o evento. REQUISITOS PARA PARTICIPAR: Para participar os obradoiros deberán cumprir dous requisitos: > Ter o obradoiro rexistrado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. > Ter concedido o uso da marca Artesanía de Galicia, ou estar en trámites de concesión. > Estar ao corrente das obligacións con Facenda e Seguridade Social. > O PRODUTO: > Os obradoiros participantes cederán en depósito as pezas seleccionadas para formar parte do catálogo de Artesanía de Galicia e poder expoñelas nas feiras. > A Fundación poderá facer uso das imaxes das pezas para a promoción da marca Artesanía de Galicia ou calquera outro uso publicitario que se requira. > As pezas poden estar elaboradas con calquera tipo de material (téxtil, madeira, cerámica, coiro, metal, vidro, fibras vexetais, papel...) sempre que o produto estea orientado á decoración ou ao uso funcional no fogar. > PROPOSTAS: Os obradoiros poderán propoñer un número ilimitado de pezas. Para cada unha delas deberá cubrirse unha ficha de produto, cos datos nela indicados (Anexo A) Dado que as feiras son profesionais, o que se pide é o prezo para as tendas, sen o IVE. Estes prezos deberán manterse para todos os pedidos que xurdan a raíz de cada feira e durante o ano 2019. As fichas deberán enviarse cumplimentadas por correo electrónico a promocion.artesania@xunta.gal PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS: O prazo para a presentación das propostas remata o 31 de outubro de 2018. SELECCIÓN: A Fundación seleccionará as pezas que formarán o catálogo da marca Artesanía de Galicia para cada feira, baseándose sobre todo en criterios de deseño, calidade e prezos e sempre tendo en conta que os produtos sexan axeitados para os mercados nos que se van expoñer. A selección farase buscando a harmonía entre as diferentes pezas co fin de crear, baixo a marca Artesanía de Galicia, un catálogo profesional ben estruturado e atractivo para os potenciais clientes. ENTREGA DE PEZAS: Entrega das pezas seleccionadas: Os obradoiros deberán achegar unha mostra das pezas seleccionadas ás oficinas da Fundación antes do 23 de novembro de 2018 para poder fotografalas de cara á elaboración do material promocional da feira. As pezas definitivas que viaxarán á feira de Estocolmo deberán estar nas oficinas da Fundación antes do 7 de xaneiro do 2019 e poderán recollerse no mesmo lugar unha vez rematada a feira. Entrega das pezas para os pedidos: Os obradoiros implicados en algún pedido terán que facer entrega da totalidade das pezas nas oficinas da Fundación na data que concretaremos previamente. É moi importante respectar as datas de entrega na medida do posible, os pedidos adoitan levar pezas de varios obradoiros e calquera retraso implica pospoñer a saída da totalidade do pedido. En calquera caso a Fundación non se fará cargo dos custos de transporte das pezas desde os obradoiros ata as oficinas da Fundación. MÁIS INFORMACIÓN: www.formex.se www.tentlondon.co.uk Para calquera consulta referente a esta convocatoria poden contactar coa Fundación Artesanía de Galicia no teléfono 881 999 173 ou ben a través do mail promocion.artesania@xunta.gal

Ampliar info