Eventos

Tenda Pop Up Galicia Saberes e Sabores

 

12-4-2019 - 21-4-2019

Palacio Santa Bárbara (C/ Hortaleza, 87 Madrid)

Tenda Pop Up Galicia Saberes e Sabores presenta os mellores produtos da artesanía e a gastronomía galegas nunha maridaxe que non querrás perderte.

Do 12 ao 21 de abril a Fundación Artesanía de Galicia estará de novo no Palacio Santa Bárbara de Madrid celebrando o Pop Up Galicia Saberes e Sabores. Disporemos dun espazo cunha escolma de pezas de máis de cincuenta artesás e artesáns e expositores de Artesanía de Galicia e produtos de alimentación e cosmética.

Un completo programa que inclúe obradoiros de artesanía abertos para familias, catas, degustacións, presentacións e showcookings con recoñecidos cociñeiros galegos.

Arquivos xuntos