Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Pública Artesanía de Galicia a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

Redes sociais e comunicación en internet. Pontevedra

Pontevedra

Docente: Abertal Networks S.L. 

Datas e horarios: 

9 de novembro: De 16:00 a 20:00 horas 

23 de novembro: De 16:00 a 19:00 horas 

5 de decembro: De 16:00 a 19:00 horas 

Nº prazas: 12 

A través desta acción ofrecémoslle aos obradoiros as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos de comunicación e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet. Realizarase un taller práctico sobre xestión e dinamización de espazos sociais, proporcionándolles aos asistentes os coñecementos necesarios para que xestionen e dinamicen os seus espazos sociais co dobre obxectivo de difundir as súas actividades e axudar a promover as empresas asistentes.

Ampliar info

Redes sociais e comunicación en internet. Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

Docente: Abertal Networks S.L. 

Datas e horarios: 

5 de outubro: De 16:00 a 20:00 horas 

19 de outubro: De 16:00 a 19:00 horas 

31 de outubro: De 16:00 a 19:00 horas 

Nº prazas: 12 

A través desta acción ofrecémoslle aos obradoiros as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos de comunicación e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet. Realizarase un taller práctico sobre xestión e dinamización de espazos sociais, proporcionándolles aos asistentes os coñecementos necesarios para que xestionen e dinamicen os seus espazos sociais co dobre obxectivo de difundir as súas actividades e axudar a promover as empresas asistentes.

Ampliar info

Perfeccionamento do padrón a un branco segundo a visión do deseñador Shingo Sato

Gondomar (Pontevedra)

Docente: Shingo Sato

Datas: Do 1 ao 6 de outubro

Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Nº prazas: 15

Dirixido aos alumnos e alumnas que asistiron ao curso de iniciación o pasado ano, perfeccionarán a destreza na creación de pezas de moda aplicando a técnica de reconstrución  transformacional empregada polo modisto e creador xaponés Shingo Sato. Esta técnica suprime as pinzas e as liñas de costura indispensables no  ensamble de pezas de vestir e substitúeas por cortes  asimétricos, xeométricos, circulares, creando un novo manexo de volumes.

Ampliar info

Redes sociais e comunicación en internet. Ourense

Ourense

Docente: Abertal Networks S.L.

Datas e horarios:

31 de agosto: De 16:00 a 20:00 horas

14 de setembro: De 16:00 a 19:00 horas 

28 de setembro: De 16:00 a 19:00 horas 

Nº prazas: 12 

A través desta acción ofrecémoslle aos obradoiros as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos de comunicación e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet. Realizarase un taller práctico sobre xestión e dinamización de espazos sociais, proporcionándolles aos asistentes os coñecementos necesarios para que xestionen e dinamicen os seus espazos sociais co dobre obxectivo de difundir as súas actividades e axudar a promover as empresas asistentes.

Ampliar info

Novas ferramentas para novos materiais

Agolada (Pontevedra)

Docente: Rubén García-Louzao Araujo

Datas: 6, 7 e 8 de xullo

Horario: 11:00 a 14:00 15:30 a 21:30 horas

As persoas asistentes adquirirán as destrezas e coñecementos necesarios para a realización dunha peza ou obxecto empregando ferramentas como cortadoras láser, impresoras 3d e materiais termo deformables, espumas inxectables, polímeros, etc. 

Ampliar info

Manipulación de palla trenzada para a elaboración de complementos

Agolada (Pontevedra)

Docente: Félix de Martín

Datas: 6, 7 e 8 de xullo

Horario: De 11:00 a 14:00 e de 15:00 a 21:00 horas

Nº prazas: 10

Neste taller o noso obxectivo é poñer en coñecemento a gran versatilidade dun material, tan habitual na  sombreirería ao longo da súa historia, a palla  trenzada. Aprenderase a manipulalo e preparalo para elaborar pezas da maneira máis tradicional: con costura a man. 

Ampliar info

Redes sociais e comunicación en internet. Lugo

Lugo

Docente: Abertal Networks S.L.

Datas e horarios:

13 de abril: De 16:00 a 20:00 horas

27 de abril: De 16:00 a 19:00 horas

11 de maio: De 16:00 a 19:00 horas

Nº prazas: 12

A través desta acción ofrecémoslle aos obradoiros as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos de comunicación e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet. Realizarase un taller práctico sobre xestión e dinamización de espazos sociais, proporcionándolles aos asistentes os coñecementos necesarios para que xestionen e dinamicen os seus espazos sociais co dobre obxectivo de difundir as súas actividades e axudar a promover as empresas asistentes.

Ampliar info

Iniciación á creación de pezas básicas de sombreirería artesanal

Ourense

Docente: Félix de Martín

Datas: 6, 7, 8, 13, 14 e 15 de abril

Horario: De 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 19:00 horas

Nº prazas: 10

Neste curso o obxectivo é poñer en contacto aos asistentes con técnicas básicas de  sombreirería para que, dunha maneira sinxela e sen necesidade de ferramentas específicas, comecen a realizar pezas de  sombreirería cun alto compoñente estético e/ou práctico. Recibirán as bases para poder investigar e evolucionar cara a técnicas máis complexas de maneira sinxela.

Ampliar info

Está todo no detalle. Acabados e remates para bixutería (REALIZADO)

A Coruña

Docente: Charmian Inman

Datas: 11, 12, 18 e 19 de novembro

Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 32 

Contido:

Mellora técnica e formación:

• Técnicas específicas - fundición en area, traballo básico en astillera, para mellorar e personalizar o produto.

• Remates, nós, fornituras para bixutería.

O produto no mercado:

• Prezos

• Presentación

Ampliar info

Do patrón a un branco según a visión do deseñador Shingo Sato (REALIZADO)

Gondomar (Pontevedra)

Docente: Shingo Sato

Datas: Do 21 ao 25 de outubro

Horario: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 48

Obxectivo: Os participantes adquirirán a destreza e o coñecemento necesario para a creación de pezas de moda aplicando a recoñecida técnica de Origame empregada polo modisto e creador xaponés Shingo Sato. Está previsto traballar en tres pezas diferentes.

 

Comunicarase o listado de participantes seleccionados o día 6 de outubro. Os alumnos ou alumnas seleccionados deberán aportar o seguinte material:

Común aos tres traballos: busto de modista, prancha, mesa de pranchar, máquina de coser, bolígrafos (4 cores), rotuladores grosos (4 cores), fío para coser, papel de agasallo (2 rolos de cores lisos).

Teas:

Peza 1: 2 metros de retor ou lenzo, 1 metro de algodón cor lisa, 1 metro algodón estampado, 1 metro satén, 1 metro de denim ou vaqueiro.

Peza 2: 2 metros de retor ou lenzo, 1 metro de algodón cor lisa, 1 metro algodón estampado, 1 metro satén, 1 metro de denim ou vaqueiro.

Peza 3: 2 metros de retor ou lenzo, 1 metro de algodón cor lisa, 1 metro algodón contraste

 

 

Ampliar info