Formación

CAMPUS DOS OFICIOS 2017. A MADEIRA “DA ARTESANÍA Á INDUSTRIA, CAMIÑOS DE IDA E VOLTA”

Do 8-7-2017 ao 8-7-2017

Agolada (Pontevedra)

"Campus dos oficios" é unha xornada de diálogo anual entre axentes representativos da artesanía, a arquitectura, o deseño, a industria e a xestión do sector da madeira en Galicia. Celebraranse mesas de debate que abordarán o valor deste material, dende a perspectiva da súa natureza intrínseca forestal, a súa primeira transformación no campo da industria, e ata chegar aos valores propostos polos produtos finalmente transformados mediante canais artesanais ou  semiartesanais.

 O obxeto dos Campus é poñer  en contacto dunha forma transversal, aos nomes propios da artesanía e industria, os materiais e os diferentes procesos técnico-produtivos que conviven no mundo actual co obxectivo de abrir una xanela imprescindible de enriquecemento, nun espazo tradicional de alto valor histórico e etnográfico para o intercambio comercial, como son os pendellos de Agolada.

 

Sábado 8 de xullo

11.30 Recepción dos participantes na Praza do Concello e visita á feira

 

12:30 Presentación do proxecto polo coordinador Luis Gil  e conferencia do convidado 2017 o deseñador e arquitecto Pedro Feduchi

 

16: 30 Mesa de debate e discusión aberta

 

Pedro Feduchi – Madrid

Deseñador e arquitecto


Luis Gil Pita - Santiago de Compostela [A Coruña]

Arquitecto e coordinador proxecto

Xulio Turnes. Arquitecto e deseñador  

Domohomo arquitectos - Santiago de Compostela [A Coruña]

 

Óscar e Iván Andrés Quintela, arquitectos

Arrokabe arquitectos.

ARKB sistemas. Sistemas modulares de arquitectura en madera - Santiago de Compostela [A Coruña]

 

Elías Cueto

Doutor arquitecto, Responsable I+d seistag - Bertamiráns - Ames [A Coruña]

Xerardo Triñanes. Carpinteiro de ribeira

Asteleiros Triñanes - Boiro [A Coruña]

 

Frank Burschamann. Deseñador Industrial e ebanista  

Woodworks Buschmann Bella - Corcubión [A Coruña]

 

José Manuel Parada Rodríguez

Xerente Grupo Molduras - Cambre [A Coruña]

 

Fernando Segade Castro

Responsable Desarrollo de Negocios Grupo FINSA - Santiago de Compostela [A Coruña]

 

Montserrat Rodríguez Ogea

Técnico GAIN CIS-Madeira - San Cibrao das Viñas [Ourense]

 

Juan Picos Martín

Secretario da Escola Enxeñería Forestal de Pontevedra. Universidade de Vigo

Inscribirse