Formación

Curso de Instagram (REALIZADO)

Do 2-10-2017 ao 2-10-2017

Cidade da Cultura - Santiago de Compostela

Impartido por José Lourenço @joseloureco

Unha boa presenza en Instagram serve para dous grandes propósitos: promocionar o negocio e involucrar aos seus seguidores, sempre co contido máis inspirador e atractivo. Son varias as características da rede social, que se mantén fiel ao seu carácter espontáneo e móbil, e neste curso poderase aprender a empregalas correctamente a través dunha parte teórica e unha práctica onde os inscritos fotografarán o interior e o exterior do espazo.

Dirixido a público en xeral interesado en ter éxito en Instagram ou perfeccionar o seu feed

Luns, 2 de outubro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas

Número de prazas: 15 

 

Prezo matrícula: 30€