Formación

Fotografía de comida: Técnica e arte (REALIZADO)

Do 1-10-2017 ao 1-10-2017

Cidade da Cultura - Santiago de Compostela

Impartido por José Lourenço @joseloureco

O artista plástico e fotógrafo José Lourenço amosará técnicas de iluminación, encadre, composición, e moito máis para a captura perfecta de alimentos, unha arte na que o coñecemento é fundamental. O obxectivo é aprender técnicas de fotografía de alimentos para atender ao mercado publicitario, editorial e de restaurantes; para ilustrar menús, revistas, anuncios e outros contextos da fotografía de alimentos profesional.

Dirixido a persoas que desexen entrar no mundo da fotografía ou perfeccionar o seu traballo neste eido.

Domingo, de 11:00 a 16:00 horas

Número de prazas: 15 

Prezo matrícula: 30€