Formación

Obradoiro de debuxo na rúa con Urumo (REALIZADO)

Do 8-7-2017 ao 9-7-2017

Agolada (Pontevedra)

Docente: Alfredo Ugarte "Urumo"

Datas: 8 e 9 de xullo

Horario: De 11.30h a 14.00h e de 16.00h a 21.30h

Nº prazas: 20

Prezo matrícula: 25 euros

Contido: O debuxante de cadernos Urumo guiará na arte do debuxo de rúa. Previamente, elaborarase un caderno coa axuda do encadernador Pablo Otero Pino, en forma de acordeón co fin de debuxar nel. O domingo, amosaranse os cadernos rematados e un xurado será o encargado de decidir cal é o mellor caderno, que recibirá un agasallo de produtos de Artesanía de Galicia.