Formación

Taller de imaxinería castelá (REALIZADO)

Do 4-8-2018 ao 7-8-2018

Catedral de Tui. Tui.

Impartido por Miguel Ángel Tapia · www.aquisehacensantos.com

Da man do imaxineiro Miguel Ángel Tapia, experto recoñecido na continuidade da Escola Castelá, no marco do evento Música no Claustro, realizamos un obradoiro intensivo de 32 horas de duración. Un curso que nos ofrece a posibilidade de traballar os conceptos básicos da anatomía na escultura tradicional de base relixiosa, as técnicas en talla de madeira, así como os dourados, estofados e policromías con materiais naturais.

No claustro da Catedral de Tui, do sábado, 4 ao martes, 7 de agosto de 2018 (10h-14h e 16h-20h)

12 prazas

Matrícula de 50€ para artesáns ou artesás inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, ou de 75€ para o resto de participantes.

Conferencia
Como peche ao taller de artesanía e a través das obras traballadas nel, Miguel Ángel Tapia comparte con nós, de forma pedagóxica, os procesos de construción na imaxinería castelá, nunha conferencia aberta ao público. No claustro da Catedral de Tui o martes, 7 de agosto ás 21.15h · Entrada libre