Agolada (Pontevedra)
Docente: Álvaro M. Leiro
Datas: 6, 7 e 8 de xullo
Horario: De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas
Prazas: 3
Prezo inscrición: 35€
Contido: Traballarase na evolución da técnica de cosedura en espiral empregando a silveira para coser e a palla de centeo para o corpo de recheo do cesto. Requírense coñecementos previos de cestería con palla. Dirixido a artesáns e público en xeral interesado na cestería.