Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

Obradoiro de Introdución á encadernación copta (18 h.) (REALIZADO)

Museo Granell - Praza do Toural, 8 Santiago de Compostela

Os asistentes elaborarán unha pequena libreta mediante técnicas de costura copta e tapas elaboradas polos propios alumnos.

Impartido polo artesán encadernador Pablo Otero de Pino Encuadernaciones

Datas: 19, 20, 26 e 27 de agosto

Horario:

Días 19 e 26 - 16:00 a 20:00 h.

Días 20 e 27 - 12:00 a 14:00 h. e 17:00 a 20:00 h.

Número de alumnos: 10

Precio matrícula: 40 euros

Ampliar info

Obradoiro de gravado. A colografía. Aberto sen inscrición previa (REALIZADO)

Museo Granell - Praza do Toural, 8 Santiago de Compostela

Os asistentes coñecerán as técnicas básicas para a creación dun gravado mediante a técnica da colografía, consistente no pegado de obxectos nunha matriz 

Impartido polo artista gráfico Xabier de Sousa

Datas: 22 e 23 de xullo

Horario:

Día 22 - 16:00 a 19:30 h.

Días 23 - 12:00 a 13:45 h. e de 17:00 a 19:30 h.

 

Ampliar info

Obradoiro de elaboración de instrumentos de percusión tradicional. Música no claustro (REALIZADO)

Tui (Pontevedra)

Docente: Xaneco

Datas: Do 3 ao 5 de agosto

Horarios: Mércores de de 10 a 14:30 e de 16 a 20 horas, xoves de 10 a 14:30 e de 16 a 18 horas horas e venres de 10 a 14:30 horas

Custo: 30 euros para o público en xeral e 20 euros para artesáns inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia

Percusión tradicional

A música segue a vertebrar este festival en cada unha das súas manifestacións. O tradicional, que nos conecta directamente coa terra, co humus, convértese na expresión viva da fortaleza da nosa propia identidade. Tras o éxito da pasada edición, Xaneco regresa a Música no claustro para construír artesanalmente un novo instrumento do rico patrimonio musical galego, unha pandeira.

Ampliar info

Obradoiro de cerámica. Música no Claustro (REALIZADO)

Tui (Pontevedra)

Docente: Verónica Moar

Datas: Do 2 ao 4 de agosto

Horarios: Martes de 16 a 21 horas, mércores de 10 a 14:30 e de 16 a 20 horas e xoves de 10 a 14:30 e de 16 a 18 horas

Custo: 30 euros para o público en xeral e 20 euros para artesáns inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia

Cerámica

A cerámica aparece cando o ser humano decide establecerse nun lugar, botar raíces e crear a súa fortaleza física. Anacos de terra sigillata teñen aparecido nas escavacións arqueolóxicas tudenses, unha das cerámicas históricas máis apreciadas pola súa cor vermella brillante. O seu uso doméstico renóvase nas mans de Verónica Moar, Premio Eloy Gesto de Artesanía de Galicia, quen aposta polo deseño contemporáneo e funcional partindo dos coñecementos artesanais da cerámica, da simboloxía e do imaxinario artístico colectivo de todos os inscritos ao obradoiro.

Ampliar info

Obradoiro Os vermes da seda. Aberto sen inscrición previa (REALIZADO)

Museo Granell - Praza do Toural, 8 Santiago de Compostela

Os nenos e nenas asistentes coñecerán todo o proceso de elaboración da seda, dende a cría dos vermes da seda ata a súa extracción dos casulos e principais posteriores usos

Impartido pola artesá do téxtil María José Martínez

Datas: 22 de xullo

Horario: 16:00 a 19:30 h.

Ampliar info

Obradoiro de percusión tradicional (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Kinhos Saburido

Lugar: Agolada (Pontevedra)

Datas: 9 e 10 de xullo

Horario: De 11:30 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas

Nº de prazas: 10

Prezo: 20 €

 

Ampliar info

Afinado de gaita tradicional (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Daniel Bellón

Lugar: Agolada (Pontevedra)

Datas: 9 e 10 de xullo

Horario: De 11:30 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas (o domingo tan só pola mañá)

Nº de prazas: 10

Prezo: 20 €

 

Ampliar info

Restauración e decoración de cadeiras (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Ana González Miguel.  Profesora de Restauración e decoración de obxectos de madeira e metal en CEARCAL (Centro de Artesanía de Castela e León).

Datas: 8, 9 e 10 de xullo

Horario: de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Prezo: 50 €

Número de prazas: 8

Importante: Os participantes deben de levar unha ou dúas cadeiras que desexen restaurar.

Obxectivo: Coñecer a través dun obxecto como é unha cadeira, os distintos pasos e a orde que debe de seguir o restaurador antes, durante e despois da intervención da peza a restaurar.

Contido:

Estudo da problemática da peza a restaurar.

Organización do traballo a executar e a súa orde.

Tratamentos de xilófagos

Reparación e reconstrución de partes desencoladas ou deterioradas.

Decapado e lixado

Tinguiduras e pinturas

Decorados ( A man, estarecidos, texturas, releves, veladuras, transferencias, decapados, cuarteados, etc...)

Acabados (Ao verniz, á cera).

 

Ampliar info

Que é unha xoia para ti? (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Susi Gesto

Fechas: 8, 9 e 10 de xullo

Horario: de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas

Lugar: Agolada (Pontevedra)

Prezo: 50 €

Plazas: 6

No obradoiro traballaremos as antigas técnicas da ourivería máis tradicional Compostelá e o seu traballo tan particular da filigrana combinada con elementos como o acibeche. Cada un dos participantes deseñará e levará a cabo unha xoia que deseñarán eles mesmos sen nengunha limitación creativa e esta se levará ata o remate pasando por todos os seus procesos de creación. Deixaremos voar entre todos a nosa imaxinación e creatividade utilizando o concepto de xoia de un modo inmaterial, dándolle importancia a historia e a mensaxe ademais de a técnica facendo que se convirta en algo que perdurará ao cabo do tempo. Convertiremos á xoia nun linguaxe de nova expresión mediante a técnica dun oficio de séculos de antigüedade e de capital importancia na  nosa cultura.

Non é un curso de iniciación a xoiaría, é unha viaxe pola creación e un reto persoal para quen pensa que non é capaz de realizar algo fermoso coas suas mans.

Ampliar info

Obradoiro de introdución á encadernación copta (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Pablo Otero Pino

Datas: 8, 9 e 10 de xullo

Horario:

Venres: de 16:00 a 21:00 horas

Sábado e domingo: de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Lugar: Agolada (Pontevedra)

Prezo: 40 €

Prazas: 8

Contenido:

1. Pintar papel ao engrudo

2. Pintar papel marmoleado

3. Introdución á creación de tapas para un libro. Elaboración dun "dar que falar"

4. Costura copta dunha libreta en blanco coas tapas feitas co papel do alumnado

Ampliar info