Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

Técnicas de patronaxe e montaxe dun branco (REALIZADO)

Gondomar (Pontevedra)

Datas:

21, 22, 28 e 29 de novembro de 2015

16, 17 23, 24, 30 e 31 de xaneiro de 2016

6, 7, 13, 14, 20 e 21 de febreiro de 2016

 

Horarios:

Sábados: de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Domingos: de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas

 

Docentes:

Rebeca Rodríguez González

María Dolores Pastoriza Ferradás

 

Total horas: 100 horas

Nº de prazas: 20

 

Obxectivos do curso:

- Dominar as técnicas actuais de patronaxe e montaxe de prendas

- Realizar patróns de distintos modelos

- Transformar o patrón base para obter o patrón modelo

- Cosido e ensamblado dos distintos compoñentes da prenda

Ampliar info

Perfeccionamento de técnicas de plumería para moda (REALIZADO)

Santiago

Docente: Serkan Cura
Horario: 09.45 a 14.00 16.00 a 20.00
Duración total: 50 horas

Ampliar info

CONSTRÚE O TEU XOGUETE SONORO (realizado)

Catedral de Tui (Pontevedra)

Taller de xoguetes sonoros tradicionais con XANECO

SÁBADO 8, ás 20.30 horas. Acceso libre.

 

Este obradoiro estará destinado a un público familiar, ata un máximo de 25 nenos e nenas por orde de chegada (desde os 5 anos), acompañados por un maior. A súa finalidade é sensibilizar e mostrar o rico patrimonio inmaterial lúdico galego e transformaranse elementos da natureza en tres xoguetes sonoros: asubío de avelá, carrizo de noz e ruxerruxe.

Ampliar info

CONSTRÚE O TEU PANDEIRO (realizado)

Catedral de Tui (Pontevedra)

Taller de instrumentos tradicionais con XANECO

VENRES 7, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas. SÁBADO 8, de 10 a 14 horas.

 

 

Edición a edición, a música tradicional forma parte do programa multidisciplinar Música no claustro en Tui (Pontevedra). Nesta ocasión, coñeceremos o proceso artesanal de construción dos nosos instrumentos de percusión, coa atención posta no pandeiro, e traballaremos as ferramentas, madeiras e peles. Cada participante elaborará, xunto con Xaneco, o seu propio instrumento que, unha vez tensado e afinado, poderá levar para a súa casa. O obradoiro complétase cun encontro en exclusiva con Xabier Díaz antes do seu concerto.

Custo da inscrición: 30 € para todos os públicos e 20 € para os artesáns acreditados.

Prazas: 10 adultos.

 

Ampliar info

ESCULTURA EN VIMBIO (realizado)

Catedral de Tui (Pontevedra)

Residencia artística participativa con IDOIA CUESTA

XOVES 6 e VENRES 7, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas

 

A Catedral de Tui (Pontevedra), como motor vivo de creación artística ao longo dos séculos, ábrelle as súas portas a Idoia Cuesta, Premio Nacional de Artesanía 2014, co fin de construír unha escultura inspirada na técnica de niño, realizada con vimbio. Nada novo se pensamos que hai 700 anos a cestería xa estaba presente, non só na vida social, senón tamén na personalidade do edificio, coma revelan os arcos da porta románica, ou os cestos cheos de froita nas tallas barrocas da sancristía e do coro, como o cesto de Santa Sila. Esta escultura, creada por Idoia Cuesta xunto aos dez participantes do taller, permanecerá na Catedral e dotará o espazo dunha obra contemporánea visible para os visitantes.

Custo da inscrición: 30 € para todos os públicos e 20 € para os artesáns acreditados.

Prazas: 10 adultos.

Ampliar info

Obradoiro infantil "Artesanía no prato" (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Obradoiro dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos no que elaborarán pratos fríos e aprenderán a realizar presentacións e montaxes con pezas de Artesanía de Galicia.

Data: 5 de xullo

Horario: De 17:30 a 19:30

Ampliar info

Workshop "Fotografía aplicada á artesanía" (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Peter Schneider

Datas: 4 e 5 de xullo

Horario: Sábado de 16:00 a 21:00 e domingo de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Número de prazas: 8

Prezo: 20 euros

 

O curso está dirixido a persoas que non teñan coñecementos previos de fotografía e que coas súas cámaras non profesionais desexen adquirir nocións básicas da cámara, a lente e o seu uso, o histograma, o enfoque e os modos de programa. A finalidade é que poidan realizar fotografías de calidade das súas pezas para as súas publicacións en web, redes sociais ou páxinas de venda online.

Ampliar info

Workshop "Fotografía para dispositivos móbiles. Artesanía no prato" (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: David Cabezón

Data: 4 de xullo

Horario: De 17:30 a 19:30 horas

Número de prazas: 15

Prezo: 5 euros

Tratarase de desenvolver un obradoiro de fotografía gastronómica na que se traballará con composicións e estilismos que combinen as elaboracións gastronómicas e as pezas de artesanía.

Ampliar info

Workshop "Fotografía para dispositivos móviles. Artesanía en el plato" (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: David Cabezón

Fecha: 4 de julio

Horario: De 17:30 a 19:30 horas

Número de plazas: 15

Precio: 5 euros

Se tratará de desenvolver un taller de fotografía gastronómica en la que se trabajará con composiciones y estilismos que combinen las elaboraciones gastronómicas y las piezas de artesanía.

Ampliar info

Workshop "Oficios de moda. Sombreirería con novos materiais" (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Viviana Araújo

Datas: Do 3 ao 5 de xullo

Horario: De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horasDirixido a artesáns e deseñadores

Dirixido a artesáns e deseñadores

Número de prazas: 6

Prezo: 30 euros

 

Tratarase de desenvolver as posibilidades que ofrecen novos materiais no deseño e confección de sombreiros.

Ampliar info