Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

Workshop "A asa. Análise, práctica e deseño" (REALIZADO)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Assaad Awad

Datas: 3 e 4 de xullo

Horario: Venres de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, sábado de 11.30 a 14:00 horas

Dirixido a artesáns e deseñadores

Número de prazas: 12

Prezo: 30 euros

 

Os participantes tratarán de desenvolver diversas solucións, a través do deseño, para a elaboración en pel dunha asa. Cada alumno elaborará unha asa, podendo empregar tamén metal, e o conxunto dos participantes investigarán cada un dos traballos adquirindo unha visión global das distintas posibilidades que ofrecen os deseños.

Ampliar info

Técnicas de centón (REALIZADO)

De 09:45 a 14:00 16:00 a 20:00

Docente: Paula Suárez e María del Mar Fernández

Duración: 50 horas

Ampliar info

A experiencia tecida (REALIZADO)

De 12:00 a 14:00 17:00 a 20:00

Santiago de Comppstela

Docente: Sara Coleman e Jose Bravo

Duración: 5 horas

Ampliar info

Atención excelente ao cliente de xoiería (REALIZADO)

Santiago de Compostela

Docente: Eloy Gesto

Data: 18 de outubro

Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

 

Programa do obradoiro
- A motivación para iniciar un camiño de grandes comunicadores
- A importancia das relacións estreitas “productores-comercios”
- A búsqueda do abano de produtos máis adecuado, o diferente e o que aporta valor
- O equilibrio para amoblar a nosa estrutura mental e a nosa paixón, corazón e cabeza
- As claves de éxito

A inscrición a este curso pode realizarse poñéndose en contacto co Colexio Oficial de Xoiería de Galicia

 

 

Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB

15701 Santiago de Compostela (A Coruña)

horario de luns a venres: 9h-14h e 16h30-19h30

981 598 858 - info@coxga.es

 

 

Ampliar info

Perfeccionamento de volumetría en coiro (REALIZADO)

Cervo (Lugo)

Docente: Vidal Revilla

Datas: 18, 19, 25 e 26 de outubro

Horario: De 09:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas

Total horas: 40

 

 

Ampliar info

Complementos de moda: Usos, visións e experiencias (REALIZADO)

A Coruña

Datas: 11, 18, 19, 25 e 26 de outubro

Lugar de celebración: Fundación Luis Seoane (A Coruña)

 

Nº prazas: 15

Prezo:

30 euros para artesáns con taller inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e para socios da Fundación Luís Seoane.

50 euros para o resto dos asistentes.

 

 

Programa

 

Sábado 11 de outubro

17:00 h. Mesa redonda na que os docentes do curso exporán as súas experiencias no traballo cos complementos téxtiles e servirá como punto de inicio para a reflexión e a aprendizaxe. Interveñen Laura Martínez fundadora de peSeta, Juan Gutiérrez, Lucina Llorente e Asaad Awad.

Aberta ao público.

 

JUAN GUTIÉRREZ. A moda nos accesorios. O papel da moda no mundo contemporáneo.

Sábado 18 de outubro.

9:30 – 14:00

16:00- 19:30

 

Juan Gutiérrez é técnico de museos no Museo do Traxe de Madrid, dende 2007, e responsable das coleccións de moda contemporánea. Foi comisario das exposicións de  15 años sen Gianni. Homenaxe a Gianni Versace (2012), A Moda Imposible. Moda de vangarda no Museo do Traxe (2013), Manuel Piña, deseñador de moda (2013) e España de Moda (2014). Dirixiu os cursos Desvistiendo un siglo. Moda e indumentaria entre 1900 y 2000 (2009, Museo del Traje) e Moda, antimoda y contracultura (2013, Universidad Rey Juan Carlos). Imparte conferencias e publica arredor da moda como un dos fenómenos capitais da cultura contemporánea.

 

LAURA MARTÍNEZ DEL POZO, PESETA. Da Artesanía ao Deseño. A importancia da marca.

Domingo 19 de outubro.

9:30 – 14:00

16:00- 19:30

 

Peseta é unha empresa fundada por Laura Martínez del Pozo co obxectivo de deseñar produtos que a ela lle gustaría comprar. A idea era usar teas de todo o mundo e producir en España complementos téxtiles que fosen bonitos por fóra e por dentro e en sentido real e figurado. Respecto e alegría son os dous valores que mellor describen peSeta. Realizan dúas coleccións ao ano de produtos versátiles e cómodos, e tamén series limitadas en tiradas máis pequenas. Teñen colaborado con diferentes empresas, entre as que destaca Marc Jacobs, Duduá, Poti Poti ou La casita de Wendy.

 

ASSAAD AWAD. Extensións corporais.

Sábado 25 de outubro.

9:30 – 14:00

16:00- 19:30

 

Assaad Awad: despois de 14 anos dunha exitosa carreira como director creativo en axencias de publicidade, Assaad Awad, libanés, deixouno todo para empezar un taller en Antón Martin, Madrid, deseñando pezas extraordinarias. Traballa con firmas como Thierry Mugler e con celebrities como Madonna ou Lady Gaga, Vogue. Assaad Awad traballa dunha maneira artesanal e vangardista moitos tipos de materiais e produtos de luxo, coiro, accesorios e xoias respectando a calidade e execución de cada peza.

“Nun mundo onde todo é un copy/paste, é necesaria unha volta cara ao artesanal”.

 

LUCINA LLORENTE. Tecidos do pasado para crear os novos do futuro.

Domingo 26 de outubro.

9:30 – 14:00

16:00- 19:30

 

Lucina Llorente é técnico especialista en Materiais e Técnicas Téxtiles no Museo Nacional do Traxe de Madrid dende 2003 e responsable do departamento de Téxtiles deste museo.  Compaxina estas actividades coa docencia en varios cursos sobre tecido e moda na Universidad Carlos III, o curso de Periodismo e Comunicación de Moda Fundisma- Marie Claire e IED, así como directora e profesora nas catro edicións do Curso de Tecidos do Museo do Traxe. Participou tamén no proxecto de Museo de Cristóbal Balenciaga.

 

Ampliar info

Técnicas de plumería para moda (REALIZADO)

Santiago de Compostela

Docente: Serkan Cura (serkancouture.com/)

Datas: Do 22 ao 27 de setembro

Horario: De 9:45 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

 

Ampliar info

XIV Encontro de torneiros de madeira en Galicia (REALIZADO)

Xermade (Lugo)

O XIV Encontro de torneiros de madeira en Galicia celebrarase na localidade lucense de Xermade, do 18 ao 21 de setembro de 2014. Entre outras actividades, nesta vindeira edición contaremos coas demostracións de catro profesionais do torneado de referencia a nivel internacional como son Hans Weissflog (Alemaña), Graeme Priddle (Nova Zelanda), Pascal Oudet (Francia) e Manuel Castro (Galicia).

Ampliar info

Perfeccionamento de empeces e remates do encaixe (REALIZADO)

Neda (A Coruña)

Docente: Alicia Sevilla

Datas: Do 15 ao 19 de setembro

Horario: De 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 40

Ampliar info

Perfeccionamento de elaboración de contas de vidro con soprete (REALIZADO)

Gondomar (Pontevedra)

Docente: Susana Pereira

Datas: Do 8 ao 13 de setembro

Horario: De 09:45 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

 

Ampliar info