Formación

Os obradoiros e as asociacións profesionais de artesáns que estean interesados en participar no deseño da oferta formativa pódenlle facer chegar as súas propostas á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño a través do correo electrónico formacion.artesania@xunta.gal ou do fax 881 999 170.

WORKSHOP DE ECODESEÑO (realizado)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Victoria Pereda

Data: 6 de xullo

Horario: De 10:00 a 14:00 horas

Taller de sensibilización teórico-práctico para a introdución do deseño sostible no sector artesán, considerando aspectos de creación de valor económico e ambiental e a problemática actual relacionada cos procesos produtivos, a enerxía, os materiais, a contaminación, as substancias tóxicas, as melloras ambientais e a normativa.

Dirixido a artesáns, arquitectos e deseñadores.

 

Ampliar info

WORKSHOP DIÁLOGOS SOBRE A PAISAXE (realizado)

Agolada (Pontevedra)

Docentes: Augusto Pérez Alberti e Paco Castillo (xeógrafos), Manuel Borobio e Cruz Louzao (arquitectos)

Data: 5 de xullo

Horario: De 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 horas

Diálogo aberto sobre a paisaxe na súa dimensión patrimonial, como recurso económico e como constructor da identidade individual e colectiva.

Dirixido ao público en xeral.

Ampliar info

WORKSHOP DE SOMBREIRERÍA (realizado)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Viviana Araújo

Data: Do 4 ao 6 de xullo

Horario: De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Neste obradoiro a artesá pontevedresa amosará o seu bo facer aos participantes na confección artesanal de sombreiros, tocados e turbantes, actividade pola cal foi recoñecida como finalista nos Premios Nacionais de Artesanía na categoría Produto no ano 2010.

Dirixido a artesáns e deseñadores.

 

Ampliar info

WORKSHOP THE TEXTIL PROCESS EXPERIENCE (realizado)

Agolada (Pontevedra)

Docentes: Idoia Cuesta e Sara Coleman

Datas: Do 4 ao 6 de xullo

Horario: De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas

Tratarase de desenvolver un espazo de intercambio e experimentación que axude ao alumno a atopar novas canles de expresión e solucións alternativas. Investigar novos procesos e materiais que enriquezan a experiencia e o traballo do alumno. Por último, desenvolveranse técnicas tradicionais de artesanía dunha maneira innovadora y orixinal cunha visión multidisciplinar.

Dirixido a artesáns e deseñadores.

 

Ampliar info

WORKSHOP DESEÑO E PRODUCIÓN ARTESANAL (realizado)

Agolada (Pontevedra)

Docente: Javier Alejandre

Data: 4 de xullo

Horario: De 16:00 a 20:00 horas

Neste taller teórico-práctico daranse as claves na que os profesionais do deseño, arquitectura e outras ramas afíns, se deben de achegar á produción artesanal. Dende o establecemento de métodos de traballo ata a comprensión das necesidades técnicas dos artesáns.

Dirixido a estudantes e titulados en Deseño, Artes ou Arquitectura.

 

Ampliar info

Xoiería e fisionomía feminina (REALIZADO)

Viveiro

Docente: Alicia Solinis

Data: 22 de xuño

Horario: 10:30 a 14:30 horas

 Contidos do seminario:

Os tipos de rostro segundo a súa forma. Que pendentes e colares se adaptan mellor.

- Pendentes. Tipos de orellas.

- Sortixas. Diferentes tipos de mans.

- Colares. Cálculo da lonxitude máis idónea. A súa relación con diferentes tipos de corpo.

- Pulseiras e brazaletes. Broches.

- As xoias e a vestimenta. A súa relación cos distintos escotes, estampados e cortes.

- Habilidades para resaltar ou ocultar aspectos físicos.

- Exercicios prácticos.

 

A inscrición a este curso pode realizarse poñéndose en contacto co Colexio Oficial de Xoiería de Galicia

Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB

15701 Santiago de Compostela (A Coruña)

horario de luns a venres: 9h-14h e 16h30-19h30

981 598 858 - info@coxga.es

 

 

Ampliar info

Iniciación a redes sociais para xoiería (REALIZADO)

Santiago de Compostela

Docente: Sergio Lago

Data: 21 de xuño

Horario: 10:30 a 14:30 horas

Contido do curso:

1) introdución teórica

2) análise de exemplos de boas prácticas

3) actividade práctica con creación de páxina básica en facebook de xeito tutelado

4) contestación ás consultas

 

A inscrición a este curso pode realizarse poñéndose en contacto co Colexio Oficial de Xoiería de Galicia

Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB

15701 Santiago de Compostela (A Coruña)

horario de luns a venres: 9h-14h e 16h30-19h30

981 598 858 - info@coxga.es

 

 

Ampliar info

Xoiería e fisionomía feminina (REALIZADO)

Santiago de Compostela

Docente: Alicia Solinis

Data: 21 de xuño

Horario: 16:30 a 20:30 horas

 Contidos do seminario:

Os tipos de rostro segundo a súa forma. Que pendentes e colares se adaptan mellor.

- Pendentes. Tipos de orellas.

- Sortixas. Diferentes tipos de mans.

- Colares. Cálculo da lonxitude máis idónea. A súa relación con diferentes tipos de corpo.

- Pulseiras e brazaletes. Broches.

- As xoias e a vestimenta. A súa relación cos distintos escotes, estampados e cortes.

- Habilidades para resaltar ou ocultar aspectos físicos.

- Exercicios prácticos.

 

A inscrición a este curso pode realizarse poñéndose en contacto co Colexio Oficial de Xoiería de Galicia

Rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2ºB

15701 Santiago de Compostela (A Coruña)

horario de luns a venres: 9h-14h e 16h30-19h30

981 598 858 - info@coxga.es

 

 

Ampliar info

Complementos de moda: Sombreirería (REALIZADO)

Gondomar (Pontevedra)

Docente: Viviana Araujo

Datas: Do 16 ao 21 de xuño

Horario: De 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 50h

Ampliar info

The Handcraft Experience: O proceso creativo. Aplicación e desenvolvemento no mercado actual (REALIZADO).

A Coruña

Docentes: Sara Coleman e Idoia Cuesta

Datas: 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de xuño

Horario: De 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas

Total horas: 48h

Programa:

- Principios básicos do deseño. Reflexións para unha nova visión entre a artesanía e o deseño.

- Cara onde camiña a artesanía?

- O mercado na actualidade. Análise de situación.

- A importancia do deseño como valor engadido no desenvolvemento do produto artesanal.

- O proceso creativo e o seu desenvolvemento.

- Técnicas téxtiles e de cestería. Aplicación innovadora a un produto comercial.

- Proceso de construción, mecánica da función e a creación.

- Análise de fortalezas e debilidades de cada deseño realizado polos alumnos

- Modificacións pertinentes

- Exposición e debate

 

O sábado, 14 de xuño ás 19:00 horas, Sara Coleman e Idoia Cuesta impartirán unha conferencia aberta ao público en xeral, na sede da Fundación Luis Seoane sobre o proceso creativo e a súa introdución no mercado actual. Para asistir á conferencia non é preciso realizar a inscrición neste curso. 

Ampliar info