Novas

Artesanía de Galicia está presente un ano máis na feira Formex de Estocolmo na búsqueda de novas canles de distribución para o sector

17-1-2018

A Fundación Pública Artesanía de Galicia presenta neste encontro de referencia do deseño escandinavo unha nova colección con pezas de 42 obradoiros artesanais de Galicia. A Consellería de Economía, Emprego e Industria aposta polo impulso á promoción exterior da artesanía galega e a busca de novos mercados.

Ampliar nova

Feijóo destaca o labor das asociacións de redeiras para impulsar a igualdade a través do seu compromiso coa identidade cultural e patrimonial de Galicia

10-1-2018

Gaba a actividade desenvolvida para dar a coñecer o traballo deste colectivo a través da elaboración de produtos de artesanía co material empregado nesta profesión. Resalta o esforzo e a perseveranza para manter viva unha profesión senlleira do noso mar, que proba que a muller mariñeira é parte integrante e relevante da industria pesqueira

Ampliar nova

A Xunta sinala que a artesanía galega está en auxe contribuíndo a dinamizar a economía e o turismo local

Visita feira Ofeitoaman 2017

26-12-2017

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, acompañada pola directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou hoxe en Vigo a Feira de Ofeitoaman, unha cita de referencia da artesanía galega no Nadal. Desde mañá e ata o 5 de xaneiro a Estación Marítima da cidade viguesa acolle esta iniciativa na que participan 20 obradoiros artesáns galegos e un de Portugal. O Goberno galego impulsa o sector con axudas para fomentar a súa comercialización e competitividade, apoiando a formación e buscando novas oportunidades en feiras internacionais.

Ampliar nova

Conde asegura que a artesanía de Galicia “está máis viva que nunca” e destaca o seu potencial e prestixio

Gala Premios Artesanía de Galicia 2017

18-12-2017

O Premio Artesanía de Galicia 2017 foi para a peza ‘A cunca en minifundio’ de Rodrigo Riveiro (Teo); o Premio Traxectoria, para Obdulia Rodríguez González, ‘Lula’ (Sober); e a Bolsa Eloy Gesto para Paula Ojea (Vigo) O conselleiro indica que o sector conta con 3000 profesionais inscritos, máis de 60 tendas e 550 obradoiros e salienta o seu papel na dinamización do eido rural. A Xunta recibiu este ano o Premio Nacional de Artesanía polo proxecto Enredadas e fomentou a comercialización e competitividade de 35 obradoiros, 12 concellos e a Asociación Galega de Artesáns.

Ampliar nova