Novas

Conde destaca a contribución do Filandón de Músicas do Courel á posta en valor do patrimonio cultural e turístico da zona

6-8-2017

Folgoso do Courel

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe na celebración do Filandón de músicas do Courel que este encontro que celebra a súa vixésima edición ten contribuído á posta en valor do patrimonio lírico e musical e, en xeral, de toda a cultura popular da zona.

Conde apuntou que recuperar e difundir a riqueza de lugares como este é un dos elementos clave para dinamizar a economía e contribuír á fixación de poboación no rural. Sinalou así mesmo que, tal e como recolle a Estratexia de turismo de Galicia, a Xunta quere avanzar cara un destino turístico tranquilo e que apaixone, e que ten como principais atractivos o patrimonio natural, histórico e cultural, sendo o Coruel un dos grandes activos de Galicia neste eido.