Novas

Últimos cursos de formación para o ano 2017.

15-9-2017

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño organiza os últimos catro cursos de formación no eido, do téxtil, a bixutería, a fotografía e a rede social Instagram.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, organiza os últimos cursos de formación en materia de artesanía no ano 2017. No marco das Primeiras Xornadas Profesionais Artesanía no Prato, que se van celebrar o 1 e 2 de outubro, en horario de 11 a 21.30 horas, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, o programa acolle entre outras actividades dous cursos de formación da man do artista plástico e fotógrafo portugués José Lourenço, relacionados coa fotografía e a rede social Instagram. A partir do 21 de outubro, o deseñador xaponés Shingo Sato, impartirá en Gondomar (Pontevedra) o curso "Do patrón a un branco" onde explicará a técnica de Reconstrución Transformacional ou RT, que suprime as pinzas e as liñas de costura indispensables na ensamblaxe de pezas de vestir. No mes de novembro, a deseñadora de xoias Charmian Inman, achegará na cidade da Coruña aos alumnos e alumnas do seu curso "Está todo no detallle - Acabados e remates para bixutería" técnicas específicas para mellorar e personalizar o produto e as estratexias de prezo e presentación do mesmo no mercado. 

Os contidos e a posibilidade de facer a solicitude de participación están xa dispoñibles neste enlace da páxina web http://artesaniadegalicia.xunta.gal/actualidad/formacion