Novas

O encontro Corazón da Artesanía arranca mañá nos pendellos de Agolada como a gran festa dos oficios, a música e a gastronomía galega

4-7-2019

A oitava edición desta iniciativa organizada pola Xunta amosará ata o domingo o traballo de 66 artesáns de 27 oficios diferentes, así como o de 47 empresas de produtos gourmet Mañá venres comezan as actividades de Artesanía no Prato cun showcooking da chef do Grupo Nove Lucía Freitas e cunha cata de viños da man de Cristina Murga O programa bota a andar ás 11:30 horas e rematará coa actuación musical de Baiuca a partir das 22:00 horas. Os visitantes poderán iniciarse no torno cerámico, na manipulación de papel, as cianotipias ou na pintura sobre tecido A Fundación Artesanía de Galicia oferta tamén cursos de formación especializada para artesáns e outros profesionais

O Corazón da Artesanía. VIII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, volverá encher esta fin de semana o complexo histórico-artístico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). Este encontro convértese cada ano nun evento integral de divulgación e de posta en valor da artesanía e dos oficios artesáns, así como da súa interrelación coa música, a gastronomía e outras disciplinas artísticas, a través dun amplo programa de actividades.

Entre mañá venres e ata o domingo 7 de xullo, en horario de 11:30 a 21:30, os visitantes poderán achegarse aos 47 expositores de produtos gourmet, así como coñecer o traballo de 66 artesáns de 27 oficios diferentes como a xoiería e a ourivería, a cestería, a marroquinería, a bixutería, a elaboración de instrumentos musicais, a olería, o téxtil, a cerámica, a forxa, as colareiras, a elaboración de zocos, a talla de madeira, os xoguetes, a tornería, a ilustración, a zapatería, a elaboración de figuras de pan e a manipulación de papel.

Programa para mañá

A xornada de mañá comezará ás 11:30 horas coa apertura dos expositores de artesanía e gastronomía para dar paso á inauguración oficial que terá lugar a partir das 13:00 horas a cargo do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. O programa de actividades inclúe a iniciativa Artesanía no Prato, que se abre ás 15:00 horas co primeiro dos showcookings desta edición, dirixido pola chef do Grupo Nove Lucía Freitas (que conta cunha Estrela Michelin e un Sol Repsol), do restaurante compostelán A Tafona, que presentará os seus pratos en pezas da marca Artesanía de Galicia. Xa pola tarde, ás 20:00 horas, desenvolverase unha cata de viños certificados por Galicia Calidade da man da enóloga Cristina Murga.

Para pechar esta primeira xornada do Corazón da Artesanía, a actuación da noite correrá a cargo de Baiuca (Catoira. Pontevedra), un proxecto musical dirixido por Alejandro Guillán que achega a tradición galega á vangarda e á electrónica, empregando instrumentos tradicionais como cunchas, frautas, gaitas ou ocarinas que se asocian con sintentizadores, caixas de ritmo e programacións. Este grupo de Catoira está posicionándose na escena musical e vén de participar nos concertos de O Son do Camiño. Este ano vén de lanzar a súa última publicación, “Misturas”.

Ademais de percorrer os postos de exposición e venda, durante os tres días que dura o evento os visitantes poderán asistir a demostracións de oficios tradicionais e participar nos obradoiros gratuítos abertos para todos os públicos, que están programados en horario de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas. Nesta ocasión impartirase para adultos e nenos un obradoiro de manipulado de papel, impartido por Mimadriña (Fisterra); outro de creación de cianotipias, a cargo de María José Martínez e José Antonio Carrera (Vigo); un curso de iniciación ao torno cerámico, da man de Susana González (A Coruña), Antón Romar (Gondomar) e Roberto Piñeiro (Vigo); e un obradoiro de pintura sobre tecido, impartido por Como Pez en el Agua (Santiago de Compostela).

Así mesmo, no marco do VIII Corazón da Artesanía, a Fundación Artesanía de Galicia impulsa dous cursos de formación especializada para artesáns: un de complementos zero waste, técnica coa que na confección dunha prenda de moda se aproveita o 100% da superficie da tea, impartido por Aroa Veiga (Gondomar); e outro de cestería de palla con silveira e xesta con vimbio, na que se traballará na evolución da técnica de cosedura en espiral, a cargo de Álvaro M. Leiro (Pazos de Borbén).

Expositores

Os artesáns que participan como expositores este ano en Agolada son os obradoiros de xoiería e ourivería Ferraxe de Prata (Teo), Mario López Joyería de Autor (Vigo), Plata Nativa (Sada), A Feitura (A Coruña), Julio Lado (Santiago), Ricardo Rivas (Santiago) e Susi Gesto (Santiago); a cesteira Julia de la Cal (Porriño) e a Asociación Cultural De Antes (Mazaricos); os obradoiros especializados no tecido artesán Boina Galega (Santiago), Io Obradoiro Téxtil (Santiago), Belategui Regueiro (Cambre), Inés Rir & Co. (Allariz) e Centro de Recuperación da Cultura Popular (Ponteareas).

Tamén participan os talleres de marroquinería Jatafarta (Santiago de Compostela) e colRaxe (Vigo); o obradoiros de instrumentos musicais Sanín obradoiro de Percusión Tradicional (Santiago de Compostela), Obradoiro de Gaitas Seivane (Cambre) e Ocarinas Paparolo (Santiago); o obradoiro de bixutería Maridovi Creacións (Cambre); o de ilustración de papel Iria Ribadomar (Santiago) e o de manipulado de papel Mimadriña (Fisterra).

No tocante á olería, estarán presentes Cerámica Uzueta (Brión), Rectoral de Gundivós (Sober) e Alfarería O Rulo (Malpica de Bergantiños). O Encontro tamén conta cos obradoiros especializados en forxa Celso Núñez Ferreiro (A Fonsagrada) e Cuchillos A. Castro (Vilamartín de Valdeorras); a colareira Montse Betanzos (O Grove); o de elaboración de zocos Elena Ferro (Vila de Cruces); os talleres de madeira Ilex Talla (Santiago de Compostela) e Armaior (Quiroga); Lucecús (Guitiriz), especializado en bonecos e Artesania Silvent (Caldas de Reis) en xoguetes; Lorenzo Design (Santiago de Compostela), de ebanistería; o obradoiro de torneado de madeira Adrián Pena (Vigo) e Manuel Castro “Lolo” (As Pontes); o taller de zapatería Laia Zapateiros (Melide); o de figuras de pan Jorge Bellón (Cedeira) e o de elaboración de papel APAMP (Vigo); así como o canteiro Fernando Vilariño (Mondoñedo) e a Asociación de Redeiras Illa da Estrela (Corme).

Produtos gourmet

Un total de 47 empresas de produtos gourmet participan nesta oitava edición do Corazón da Artesanía, ademais de 3 food trucks que estarán á disposición dos visitantes nas proximidades dos Pendellos.

Os expositores de gastronomía son 3 Pastas Delicatessen (Meis); Adegas Castrobrey (Vila de Cruces), Acastrexa (Cambre), A Molinera Tenda do Avó (Salvaterra de Miño); A Perla Illas Cíes (Vigo), Acastrexa (Cambre), Adegas Celeirós (Tomiño), Adegas Celme (Castrelo de Miño), Aldea do Barrio (Sobrado dos Monxes), Ánades de Galicia (Vilardevós), Artesáns de Noces (Lugo), Biowak Aceites Naturais (Ponteareas), Bodegas Lodeiros (Santiago de Compostela), Bubela Artesá (Lugo), Campo Capela (A Capela), Casa Naveira 1914 (Sobrado dos Monxes), Castañas Petelo (Allariz), Castelo de Sobroso (Ponteareas), Cento x Cento (Figueirido-Ribas do Sil), Cervexa AleAlé (A Coruña), Cervexa Artesá Aloumiña (Lugo), Conservas Sotavento (Porto do Son), Conservas Gándara (Vigo).

Tamén estarán Currimar Conservas Tradicionales (Xove),Cosmética Muuhlloa (Monterroso), Do Gaiteiro (Lalín), DoSouto (Paradela), Embutidos Raposo (Dumbría), Embutidos Suarna (Navia de Suarna), Esencia atlántica (Muxía), Galletas Xianas (Culleredo), Galo Celta (Vila de Cruces), Gures (A Coruña), Licores Os Maios (Leiro), O Submarino Alta Conserva (Cambados), Orballo (Paderne), Queixería dona Cobiña (Agolada), Queixos Brigantia (San Sadurniño), Queixos leiteulla (A Estrada), Requeixo e mel das Neves (As Neves), Rosabeles (O Rosal), Rosquillas da Aurita (Lalín), Sovoral Apicultura Orgánica (Allariz), Torta de Sarria (Sarria), Touza Vella (Castro Caldelas), Tres Fuciños (Carballedo), Vide Vide! (Santiago de Compostela), e Xearte Brigitte (Santiago de Compostela).