Novas

A Xunta promove a conservación e posta en valor dos oficios tradicionais coa organización do VI Encontro de Cacharreiros en Niñodaguia

Cacharreiros

16-8-2019

A xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, inaugura hoxe o VI Encontro de Cacharreiros en Niñodaguia (Ourense), organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O Museo-Obradoiro de Olería da localidade acolle demostracións e venda de pezas de doce artesáns de Galicia e de Portugal.

Ampliar nova

Conde destaca a relevancia de Mostrart como escaparate da artesanía galega a través de 56 expositores con pezas de calidade

Mostrart

7-8-2019

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe a feira que se empraza na Coruña e que cumpre 35 anos, un evento de referencia na cidade que contribúe á promoción do sector artesán e é unha rampla de lanzamento de novos profesionais 1 de 4 2 de 4 3 de 4 4 de 4 Sinala que a Artesanía de Galicia está gañando peso e en pleno crecemento cun 13% máis de artesáns inscritos e cun 54% máis de obradoiros rexistrados desde o ano 2012 Indica a importancia de apoiar aos artesáns que crean emprego e riqueza e diversifican e dinamizan o rural galego A Xunta está a impulsar a artesanía galega fomentando a súa comercialización, mellorando a súa competitividade e garantindo o relevo xeracional coa formación de 73 aprendices de artesanía desde o ano pasado

Ampliar nova

A Xunta apoia a posta en valor do oficio tradicional da olería colaborando na XXV mostra de Alfaroleiros

Alfaroleiros

7-8-2019

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe en Oleiros na inauguración deste encontro que acolle ceramistas e oleiros de Galicia, do resto de España e Portugal. As actividades, ademais de demostracións de olería, inclúen obradoiros de artesanía para nenos, actuacións musicais, xogos para os máis cativos e proxección de películas. O evento é un punto de encontro para os profesionais deste oficio e actúa como dinamizador económico e cultural da comarca e do sector artesanal.

Ampliar nova

O XIX Encontro Internacional de Torneiros da Madeira converterá Xermade no centro da tornería europea

encontro torneiros Xermade

6-8-2019

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na presentación deste evento que se celebrará do 20 ao 22 de setembro. O encontro, organizado polo Concello de Xermade, coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria, permite poñer en valor o oficio do torneado en madeira.

Ampliar nova