Novas

Artesanía de Galicia regresa á London Design Fair para reforzar o sector no mercado internacional do deseño

London Design Fair 2019

19-9-2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria presenta neste encontro de referencia do deseño e da decoración unha colección de pezas de 45 profesionais do sector artesán galego, 17 dos cales están representados por primeira vez. A participación nesta feira dende o ano 2013 permitiu contar con puntos de venda en diferentes países como Suecia, Reino Unido, Alemaña, Dinamarca, Noruega, Francia, Italia, Xapón e Australia. A Xunta aposta polo impulso á promoción exterior da artesanía galega e a busca de novos mercados

Ampliar nova

A Xunta aposta polo autoemprego e consolidación empresarial para conseguir un sector artesán máis forte e competitivo

curso Cámara Comercio

9-9-2019

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, inaugurou hoxe un programa formativo que se desenvolve na Cámara de Comercio de Santiago e que conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Incyde. Inscribíronse no programa un total de 25 persoas, que levarán a cabo esta formación ata o vindeiro día 25 de outubro

Ampliar nova

A Xunta convoca os premios de Artesanía de Galicia 2019 para recoñecer e visibilizar o labor do sector artesán galego

Premios Artesanía de Galicia

27-8-2019

As categorías dos galardóns son o Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros; o Premio Traxectoria, de carácter honorífico; e a Bolsa Eloy Gesto, cunha contía de 4.000 euros, que promove a formación especializada dos máis mozos nun centro de prestixio. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 14 de setembro ata o 21 de outubro.

Ampliar nova

A Xunta promove a conservación e posta en valor dos oficios tradicionais coa organización do VI Encontro de Cacharreiros en Niñodaguia

Cacharreiros

16-8-2019

A xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, inaugura hoxe o VI Encontro de Cacharreiros en Niñodaguia (Ourense), organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O Museo-Obradoiro de Olería da localidade acolle demostracións e venda de pezas de doce artesáns de Galicia e de Portugal.

Ampliar nova