Novas

A Artesanía de Galicia protagoniza a feira creativa do Mercado da Estrela que se celebra esta fin de semana en Santiago

15-12-2018

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, visitou hoxe o encontro no que participan un total de 31 obradoiros artesáns de 14 oficios diferentes. A dirección xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe o Mercado da Estrela, un festival urbano de inverno que celebra a súa sétima edición visibilizando a creatividade galega.

Ampliar nova

A Xunta apoia a incorporación de novos talentos ao sector artesán galego

14-12-2018

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asistiu esta tarde ao desfile anual dos alumnos de Moda e de Xoiaría da EASD Mestre Mateo, Despunte 2018. A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora cun dos galardóns do evento, no que se premia a mellor colección que fusione artesanía e deseño de moda.

Ampliar nova

A Xunta impulsa a compra de Artesanía de Galicia este Nadal como un agasallo único e de calidade

13-12-2018

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, presentou nunha visita ao compostelán Noroeste Obradoiro a imaxe coa que se achega unha visión contemporánea, actual e diferenciada do sector de cara ás próximas festas. A iniciativa é un adianto da nova campaña de imaxe da marca Artesanía de Galicia, coa que se anima á cidadanía a combinar artesanía tradicional e contemporánea tanto nos seus fogares coma na súa vestimenta diaria. A Administración autonómica está a reforzar este selo afianzando a súa presenza na comercialización de produtos artesáns, a través de novo deseño de packaging ou de etiquetas intelixentes que permitirán acceder a información na rede sobre o artesán e o proceso de elaboración.

Ampliar nova

A Xunta promove en Pontevedra a formación en novas tecnoloxías para o sector da artesanía

5-12-2018

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe o curso “Redes sociais e comunicación en internet”, que se desenvolveu nas catro provincias galegas co obxectivo de fortalecer a comunicación dixital nas empresas artesás. Búscase que os profesionais melloren a súa promoción e a súa comercialización a través de internet.

Ampliar nova