Novas

A Xunta apoia a creatividade do concurso infantil ‘Deseña unha xoia para túa nai’

27-4-2018

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asisten esta tarde á cerimonia de entrega dos galardóns da iniciativa organizada polo Colexio Oficial de Xoiaría na que se reta aos máis pequenos a debuxar a xoia que lles gustaría regalar no Día da Nai. O xurado seleccionou 80 finalistas, entre os que sairán os 12 gañadores que hoxe se darán a coñecer e cuxo premio será a execución dos seus deseños a cargo de xoieiros galegos. Artesanía de Galicia volve colaborar co Colexio Oficial de Xoiaría na organización do curso ‘A maxia de conectar co cliente’ que se celebrará o vindeiro luns, 30 de abril en Santiago de Compostela.

Ampliar nova

A Xunta celebrará en Madrid a segunda edición do ‘Pop up Galicia, saberes e sabores’ para presentar os mellores produtos da artesanía e gastronomía galega

23-4-2018

Artesanía de Galicia regresa ao Palacio de Santa Bárbara entre o 25 de maio e o 3 de xuño nun evento no que compartirá espazo con produtos gastronómicos exclusivos, talleres abertos para familias e showcookings con cociñeiros galegos do grupo Nove. A Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia e coa colaboración de Galicia Calidade, celebrará a segunda edición da Tenda Pop Up Galicia. No evento haberá unha selección de pezas de máis de 60 profesionais da artesanía galega e contarase coa presenza de 12 obradoiros artesáns.

Ampliar nova

A Xunta promove a posta en valor do oficio tradicional dos ferreiros de Riotorto

15-4-2018

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron á inauguración da XII Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, que se celebra durante toda a xornada de hoxe. A Consellería de Economía, Emprego e Industria ten en marcha un programa de formación para 80 aprendices co obxectivo de impulsar a remuda xeracional no sector artesán galego.

Ampliar nova

A Xunta apoia en Santiago a visibilización do sector artesán galego colaborando coa iniciativa Oficios en Acción

7-4-2018

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, acompañada da xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse esta mañá ata o Museo do Pobo Galego, onde se está a realizar desde onte unha escultura en vimbio, dirixida por dúas experimentadas cesteiras: Idoia Cuesta e Julia de la Cal.

Ampliar nova