Novas

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa de Galicia nesta cidade, José Ramón Ónega, presenta hoxe a revista e a plataforma web Galiciademoda

Imaxe de Galiciamoda

15-11-2011

No acto de inauguración tamén participan a directora de Galiciademoda e a directora de Yagly e responsable da plataforma que se presenta como iniciativa.

Ampliar nova

A Xunta de Galicia impulsa a profesionalización das redeiras para garantir o desenvolvemento económico deste oficio artesanal

Nava Castro durante o acto

14-11-2011

Os departamentos de Pesca, Economía e Industria, Traballo e a Secretaría Xeral de Igualdade participaron esta mañá na Asemblea Xeral da Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao” co obxectivo de impulsar o desenvolvemento deste oficio tradicional maioritariamente feminino e vinculado á cultura marítima. A directora xeral de Comercio, Nava Castro, animou as redeiras a aproveitar as vantaxes da carta de artesán outorgada pola Xunta de Galicia e da súa marca Artesanía de Galicia como selo diferenciador e garantía de calidade, ao tempo que lles propuxo traballar en alternativas que contribúan a diversificar as súas liñas de negocio.

Ampliar nova

Economía e Industria destaca a importancia da colaboración entre artesanía e deseño para o desenvolvemento do produto artesán contemporáneo

Artesanía e deseño

7-11-2011

Nava Castro destaca o excelente potencial da artesanía tradicional galega e da boa acollida que están a ter diferentes iniciativas postas en marcha pola Consellería para incorporar o deseño ao proceso de produción artesán, así como para poñer en relación a artesanía con outras áreas como a moda, a arquitectura ou a decoración de interiores. Entre os proxectos impulsados pola Consellería atópase o proxecto D-Due Lab, no que participan obradoiros artesáns coma o de Elena Ferro ou o de Idoia Cuesta, ambos os dous finalistas da sexta edición dos Premios Nacionais de Artesanía nas categorías “Produto” e “Innova” respectivamente. A directora xeral de Comercio quixo felicitar a deseñadora Sara Coleman e a cesteira Idoia Cuesta pola súa recente colaboración na última edición de Cibeles na que presentaron unha proposta “orixinal, fresca e cunha grande vinculación a Galicia”.

Ampliar nova

Os Premios Nacionais de Artesanía recoñecen o labor de promoción da artesanía do obradoiro Regal Cerámica

Imaxe de autoridades e premiados

2-11-2011

O obradoiro de Viveiro resultou gañador da VI edición destes galardóns, na súa categoría de Promoción destinada a entidades privadas pola súa aposta integral para a formación, a comercialización e a divulgación da cerámica. A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participaron esta mañá en Madrid no acto de entrega de premios da edición deste ano, na que Galicia resultou a comunidade autónoma con máis artesáns entre os finalistas, entre os que se atopaba a propia Fundación, que foi seleccionada na categoría “Promociona. Entidades Públicas”. A Consellería de Economía e Industria impulsou as cinco candidaturas galegas que resultaron finalistas nesta sexta edición dos premios, entre as que se atopaban os obradoiros artesáns de Arturo Álvarez Calor Color S.L., Elena Ferro Lamela e Idoia Cuesta Alonso, que foron seleccionados nas categorías “Premio Nacional”, “Produto” e “Innova”, respectivamente.

Ampliar nova