Novas

Economía e Industria apoia a celebración da feira de artesanía Ofeitoamán de Vigo

20-12-2011

A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participaron esta mañá no acto de inauguración desta feira de venda directa que se celebra na zona da Estación Marítima de Vigo ata o 5 de xaneiro. A Consellería realiza un investimento de 12.000 euros para apoiar o desenvolvemento desta feira, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns, e na que participan 28 obradoiros artesáns especializados en actividades como a xoiería, a cerámica, os xoguetes, o téxtil ou o coiro.

Ampliar nova

Nove artesáns galegos exponen o seu traballo en Nova York co apoio da Consellería de Economía e Industria

15-12-2011

Iria Rodríguez, Verónica Pérez, Nacho Porto, Cuqui Piñeiro, Rosa Méndez, Suso Dobao, Marcos Escudero, Jontxu Argibay e Eugenia Santos participan na mostra “Encontros” que se celebra no Centro Español – La Nacional de Nova York, entre o 14 e o 18 de decembro. A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño colabora na organización desta exposición colectiva coa que se pretende promover a divulgación da arte e da cultura galega nos Estados Unidos.

Ampliar nova

Economía e Industria inicia a segunda fase do proxecto “Enredando, artesanía na escola”

Imaxe do proxecto enredando

12-12-2011

A través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería continúa coa súa aposta por achegarlle os oficios artesanais aos máis novos con este proxecto piloto desenvolvido en 20 centros de ensino de toda Galicia. Dende hoxe e ata o vindeiro mes de marzo, os colexios participantes acollerán unha exposición sobre o proceso de elaboración da seda, que rematará cunhas xornadas de demostración práctica da elaboración do fío de seda e mais da explicación do descubrimento da seda e da súa introdución en Europa.

Ampliar nova

A artesanía galega promociónase na feira internacional de Milán co apoio de Economía e Industria

Artesanía de Galicia en Milán

10-12-2011

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, viaxa esta fin de semana ata a cidade italiana para acompañar os doce obradoiros artesáns que participan en L’Artigiano in Fiera co stand institucional da marca Artesanía de Galicia. A Consellería de Economía e Industria continúa co fomento á introdución do produto artesán galego nos mercados internacionais a través da participación da marca por quinto ano consecutivo nesta feira de venda directa, unha das máis importantes de Europa. Aproveitando a súa estancia en Italia, Elena Fabeiro participará o luns en Florencia nunha xornada internacional dedicada á conservación e impulso dos antigos oficios artesáns, onde presentará a marca Artesanía de Galicia e o labor do goberno galego en favor do desenvolvemento do sector artesán galego.

Ampliar nova