Novas

Artesanía de Galicia participa na feira profesional Maison & Objet de París

21-1-2011

A Consellería de Economía e Industria promove, por terceiro ano consecutivo, a participación do produto artesán galego na feira Maison & Objet, que se celebra en París do 21 ao 25 de xaneiro. A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, e mais a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, viaxan hoxe ata a capital francesa para participar na inauguración deste encontro profesional e acompañar os 11 obradoiros artesáns que presentarán o seu traballo no pavillón catro do recinto feiral, nunha zona dedicada ao sector da artesanía e denominada “Crafts – L’Espace”.

Ampliar nova

Economía e Industria resalta a relevancia da olería tradicional na evolución do sector cerámico en Galicia

17-1-2011

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, participou o sábado na presentación das actas do XIV Congreso da Asociación Española de Ceramoloxía, celebrado en Oleiros no ano 2009 co apoio da Consellería de Economía e Industria. O acto serviu tamén para conmemorar os 20 anos de traballo da artesá galega Susana González Amado, á fronte do obradoiro de cerámica Terra Lume, que esta tarde abría de novo as súas portas como taller de formación de artesáns.

Ampliar nova