Novas

Economía e Industria inaugura a XV Feira de Artesanía de Ourense e que financiou cunha inversión de 7.500 euros

29-4-2011

A directora xeral de Comercio, Nava Castro asistiu ao acto de inauguración da XV Feira de Artesanía de Ourense celebrado no centro da cidade e que poderá ser visitada ata o 8 de maio. A Consellería de Economía e Industria realizou un investimento de 7.500 euros neste proxecto, a través da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Ampliar nova

Economía e Industria presenta o calendario de formación especializada para artesáns para o segundo cuadrimestre de 2011

24-4-2011

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño organizará oito cursos relacionados co textil, a madeira, o encaixe, a xoiería, a encadernación e a cerámica, que se desenvolverán ata o mes de xullo en diferentes localidades galegas. As actividades comezan o vindeiro 2 de maio en Ourense, cun curso especializado no encaixe de Tonder impartido por la artesá Pilar Montanos.

Ampliar nova

Eleccións 2011 para a Comisión Galega de Artesanía

18-4-2011

O censo electoral pódese consultar chamando ao 881 999 175, no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Consellería de Economía e Industria, na súa epígrafe de normativa, e no taboleiro de anuncios das respectivas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra (respecto das presentacións das reclamacións e a resolución destas, seguiranse os prazos previstos na Orde do 10 de febreiro de 2011).

Ampliar nova

Javier Guerra salienta a alta calidade da xoiería galega na vista á exposición “Tesouros Privados”

14-4-2011

O conselleiro de Economía e Industria sinalou que os oficios e calidade das pezas artesanais son fundamentais para achegar o saber facer galego á sociedade e impulsar a súa introdución nos diferentes mercados. O obxectivo principal da mostra é acadar o recoñecemento do valor engadido que posúen as pezas “pensadas, deseñadas e fabricadas en Galicia”, pezas e deseños amparados á súa vez pola marca Artesanía de Galicia, como símbolo de calidade e de prestixio. A Consellería de Economía e Industria está a dirixir os seus esforzos no apoio e no fortalecemento do sector artesán galego, a través da Dirección Xeral de Comercio e mais da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, así como da consolidación da marca Artesanía de Galicia.

Ampliar nova