Novas

Nava Castro anima o sector das colareiras do Grove a profesionalizarse para formar parte da marca Artesanía de Galicia

21-10-2011

A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participaron esta tarde na “Xornada de promoción dos oficios artesanais. As colareiras do Grove”, co obxectivo de enxalzar este oficio tradicional de elaboración de xoias con cunchas e promover a inscrición das artesás no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. A Consellería de Economía e Industria quere recoñecer e dignificar un oficio de máis dun século de tradición a través da certificación do traballo das colareiras e a súa integración neste selo de calidade.

Ampliar nova

As colareiras do Grove ven recoñecido o seu oficio nunha mostra promovida pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño

7-10-2011

A Consellería de Economía e Industria promove a dignificación desta tradicional ocupación nun espazo de demostración e venda no marco da Festa do Marisco. A mostra de artesanía galega, que estará aberta ata este domingo, inclúe tamén obradoiros de elaboración de zocos, teares, percusión ou pintura sobre seda. A Consellería insiste no valor da carta de artesán outorgada polo goberno galego como selo diferenciador e marca de garantía do produto artesán feito en Galicia.

Ampliar nova

Economía e Industria organiza en Ferrol un curso para artesáns especializado en encaixe

Elena Fabeiro en Ferrol

30-9-2011

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño achegouse hoxe ata esta localidade para visitar o desenvolvemento do curso “Empeces e remates do encaixe de bolillos”, que está impartido pola artesá Alicia Sevilla e remata mañá sábado 1 de outubro. Neste ano 2011, a Consellería impulsa un total de 23 cursos de formación especializados en diferentes técnicas artesanais, que se están a desenvolver en diferentes localidades galegas.

Ampliar nova

Economía e Industria apoia a celebración do V Encontro de palilleiras de Marín

26-9-2011

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, achegouse ata esta localidade pontevedresa para participar nesta xuntanza que se celebra no pavillón do instituto “Illa de Tambo” durante toda a xornada de hoxe.

Ampliar nova