Novas

A Xunta participa esta fin de semana nos Días Europeos da Artesanía coa posta en valor dos diferentes oficios galegos

6-4-2018

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou esta mañá en Ourense un curso de iniciación á sombreirería co que se inaugurou o programa de formación especializada para artesáns 2018. A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia, colabora nos Días Europeos da Artesanía co apoio a diferentes proxectos que se organizan en diferentes localidades galegas. Demostración de oficios artesáns, talleres gratuítos, exposicións, charlas e a apertura de obradoiros artesanais ao público conforman o marco de actividades que se desenvolverán dende hoxe e ata o domingo nas catro provincias galegas.

Ampliar nova

A Xunta destaca o papel da Mostra do Encaixe de Camariñas como escaparate da marca Artesanía de Galicia e como punto de encontro do sector

28-3-2018

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, xunto coa xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu esta tarde á inauguración deste encontro. As actividades, que se prolongarán ata o 1 de abril, inclúen desfiles dunha trintena de deseñadores noveis, a colaboración de firmas de moda de recoñecido prestixio, obradoiros de artesanía para nenos e nenas e expositores artesáns de oficios coma o liño, a xoiería, a cerámica, o vidro soprado, as colareiras ou o coiro.

Ampliar nova

Artesanía de Galicia presenta o proxecto ENREDADAS nunhas xornadas sobre cultura e igualdade

16-3-2018

A xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participa esta tarde en Madrid nas Xornadas #Cultura #Igualdad #Diversidad #DesmontandLosMitos, que se celebran ata o sábado en Madrid. Elena Fabeiro falará sobre o impulso da Xunta á diversificación da actividade das redeiras galegas, co que a Fundación recibiu o Premio Nacional de Artesanía 2016, no marco dunha mesa redonda sobre creadoras na periferia e desenvolvemento rural e económico das mulleres rurais.

Ampliar nova

A Xunta abre o prazo de solicitude para a formación de 80 aprendices no sector da artesanía galega

10-3-2018

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar esta iniciativa na que a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste un millón de euros para impulsar o relevo xeracional neste eido. As firmas e os aprendices subscribirán acordos de colaboración para levar a cabo unha formación dual, tanto teórica como práctica, por un período máximo dun ano e para a que os artesáns poderán recibir unha axuda máxima de 12.000 euros. As inscricións poderán facerse ata o próximo 15 de setembro. Os alumnos contarán, ao remate da iniciativa, cun certificado acreditativo das horas, período e contidos da formación.

Ampliar nova