Novas

Economía e Industria destaca a importancia da colaboración entre artesanía e deseño para o desenvolvemento do produto artesán contemporáneo

Artesanía e deseño

7-11-2011

Nava Castro destaca o excelente potencial da artesanía tradicional galega e da boa acollida que están a ter diferentes iniciativas postas en marcha pola Consellería para incorporar o deseño ao proceso de produción artesán, así como para poñer en relación a artesanía con outras áreas como a moda, a arquitectura ou a decoración de interiores. Entre os proxectos impulsados pola Consellería atópase o proxecto D-Due Lab, no que participan obradoiros artesáns coma o de Elena Ferro ou o de Idoia Cuesta, ambos os dous finalistas da sexta edición dos Premios Nacionais de Artesanía nas categorías “Produto” e “Innova” respectivamente. A directora xeral de Comercio quixo felicitar a deseñadora Sara Coleman e a cesteira Idoia Cuesta pola súa recente colaboración na última edición de Cibeles na que presentaron unha proposta “orixinal, fresca e cunha grande vinculación a Galicia”.

Ampliar nova

Os Premios Nacionais de Artesanía recoñecen o labor de promoción da artesanía do obradoiro Regal Cerámica

Imaxe de autoridades e premiados

2-11-2011

O obradoiro de Viveiro resultou gañador da VI edición destes galardóns, na súa categoría de Promoción destinada a entidades privadas pola súa aposta integral para a formación, a comercialización e a divulgación da cerámica. A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participaron esta mañá en Madrid no acto de entrega de premios da edición deste ano, na que Galicia resultou a comunidade autónoma con máis artesáns entre os finalistas, entre os que se atopaba a propia Fundación, que foi seleccionada na categoría “Promociona. Entidades Públicas”. A Consellería de Economía e Industria impulsou as cinco candidaturas galegas que resultaron finalistas nesta sexta edición dos premios, entre as que se atopaban os obradoiros artesáns de Arturo Álvarez Calor Color S.L., Elena Ferro Lamela e Idoia Cuesta Alonso, que foron seleccionados nas categorías “Premio Nacional”, “Produto” e “Innova”, respectivamente.

Ampliar nova

A directora xeral de Comercio asiste mañá á entrega dos Premios Nacionais de Artesanía, con cinco artesáns galegos entre os finalistas

1-11-2011

Os galardóns nacionais de artesanía recoñecen o labor dos artesáns galegos e da Consellería de Economía e Industria a prol do desenvolvemento do sector e da marca Artesanía de Galicia Entre os finalistas está o traballo da Fundación Galega de Artesanía na categoría Promociona- Entidades Públicas; Arturo Álvarez Calor Color S.L., Elena Ferro Lamela, Idoia Cuesta Alonso e Regal Cerámica S.L.

Ampliar nova

Economía e Industria organiza en Monforte de Lemos un curso para artesáns especializado na xoiería aplicada á cerámica

Momento do curso en Monforte

27-10-2011

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño achegouse hoxe ata esta localidade para visitar, xunto coa concelleira e portavoz do Partido Popular de Monforte de Lemos, Julia Rodríguez, o desenvolvemento do curso “Iniciación á xoiería aplicada á cerámica”, que está impartido pola ceramista Núria Soley e remata mañá venres 28 de outubro. Neste ano 2011, a Consellería impulsa un total de 23 cursos de formación especializados en varias técnicas artesanais, que se están a desenvolver en diferentes localidades galegas.

Ampliar nova