Novas

Economía e Industria promove a celebración da IV Feira da Artesanía e do Comercio de Cambados

Inauguración da feira

12-8-2011

A Consellería de Economía e Industria realiza un investimento de preto de 20.000 euros e, por medio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, faise cargo da presenza de nove espazos destinados á exposición e venda de artesanía, así como á promoción da marca Artesanía de Galicia. A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron esta mañá no acto de inauguración desta mostra, que estará aberta ao público no Paseo da Calzada entre o 12 e o 14 de agosto.

Ampliar nova

Economía e Industria apoia a celebración da Mostra da Olería de Buño cun investimento de 15.000 euros

5-8-2011

A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo Pouso, o alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron esta tarde na inauguración da XXVIII Mostra da Olería, que se celebra en Buño do 5 ao 15 de agosto. Nava Castro destacou que Buño é, ano tras ano, un escaparate da calidade e da creatividade da olería e unha referencia para a artesanía en Galicia. A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Consellería de Economía e Industria, apoia o desenvolvemento e a promoción da artesanía de Buño, a través dun investimento de 15.000 euros na XXVIII Mostra da Olería, que se celebra do 5 ao 15 de agosto.

Ampliar nova

Economía e Industria inviste 30.000 euros na organización da Feira de Artesanía Mostrart

Imaxe de autoridades

30-7-2011

A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron no acto de inauguración deste evento que estará aberto entre o 30 de xullo e o 15 de agosto nos Xardíns Méndez Núñez da Coruña. Nava Castro destacou a importancia de Mostrart como un evento de referencia en Galicia tanto polo número de expositores, que este ano rondan os 60, como pola afluencia de visitantes.

Ampliar nova

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño da Consellería de Economía e Industria resulta finalista dos Premios Nacionais de Artesanía

Peza dun finalista

22-7-2011

<p>Os galardóns nacionais de artesanía recoñeceron o importante labor da Consellería de Economía e Industria a prol do desenvolvemento do sector artesán galego e da marca Artesanía de Galicia, ao seleccionar o traballo da Fundación como un dos finalistas da categoría Promociona.</p><p>O apoio ás candidaturas á sexta edición dos Premios Nacionais de Artesanía supón unha aposta para dar a coñecer a alta calidade do produto artesán que se está a elaborar hoxe en día en Galicia.</p><p>Galicia resultou a Comunidade Autónoma con máis artesáns entre os finalistas, entre os que se atopaban Arturo Álvarez Calor Color S.L., Elena Ferro Lamela, Idoia Cuesta Alonso e Regal Cerámica S.L., que resultaron seleccionados nas categorías “Premio Nacional”, “Produto”, “Innova” e “Promociona”, respectivamente. </p>

Ampliar nova