Novas

Economía e Industria inicia a segunda fase do proxecto “Enredando, artesanía na escola”

Imaxe do proxecto enredando

12-12-2011

A través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño e en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería continúa coa súa aposta por achegarlle os oficios artesanais aos máis novos con este proxecto piloto desenvolvido en 20 centros de ensino de toda Galicia. Dende hoxe e ata o vindeiro mes de marzo, os colexios participantes acollerán unha exposición sobre o proceso de elaboración da seda, que rematará cunhas xornadas de demostración práctica da elaboración do fío de seda e mais da explicación do descubrimento da seda e da súa introdución en Europa.

Ampliar nova

A artesanía galega promociónase na feira internacional de Milán co apoio de Economía e Industria

Artesanía de Galicia en Milán

10-12-2011

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, viaxa esta fin de semana ata a cidade italiana para acompañar os doce obradoiros artesáns que participan en L’Artigiano in Fiera co stand institucional da marca Artesanía de Galicia. A Consellería de Economía e Industria continúa co fomento á introdución do produto artesán galego nos mercados internacionais a través da participación da marca por quinto ano consecutivo nesta feira de venda directa, unha das máis importantes de Europa. Aproveitando a súa estancia en Italia, Elena Fabeiro participará o luns en Florencia nunha xornada internacional dedicada á conservación e impulso dos antigos oficios artesáns, onde presentará a marca Artesanía de Galicia e o labor do goberno galego en favor do desenvolvemento do sector artesán galego.

Ampliar nova

Doce talleres levan a marca Artesanía de Galicia á Feira Internacional de Milán

Artesanía de Galicia en Milan

5-12-2011

A Consellería de Economía e Industria continúa coa promoción e introdución do produto artesán galego no mercado internacional e leva un stand institucional da marca á feira L’Artigiano in Fiera, que se celebra en Milán do 3 ao 11 de decembro. A través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Artesanía de Galicia participa por quinto ano consecutivo nesta feira de venda directa amparando un total de doce obradoiros artesáns especializados nos eidos da cerámica, do coiro, da xoiería, do téxtil, da olería, dos zocos e dos complementos.

Ampliar nova

Economía e Industria apoia a homenaxe dos xoieiros galegos á traxectoria do artesán Juan Manuel Candame

O conselleiro de Economía e Industria na gala de San Eloi

3-12-2011

A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño participan esta noite na Gala de San Eloi, organizada polo Colexio Oficial de Xoiería de Galicia, na que se recoñecerá a traxectoria doutros catro xoieiros. Durante os actos entregaráselle a medalla do Colexio a Antonio Couceiro Méndez, pola súa aposta pola xoiería galega durante a súa etapa como conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

Ampliar nova