Novas

Economía e Industria presenta o calendario de formación especializada para artesáns para o segundo cuadrimestre de 2011

25-4-2011

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño organizará oito cursos relacionados co textil, a madeira, o encaixe, a xoiería, a encadernación e a cerámica, que se desenvolverán ata o mes de xullo en diferentes localidades galegas. As actividades comezan o vindeiro 2 de maio en Ourense, cun curso especializado no encaixe de Tonder impartido por la artesá Pilar Montanos.

Ampliar nova

Eleccións 2011 para a Comisión Galega de Artesanía

19-4-2011

O censo electoral pódese consultar chamando ao 881 999 175, no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Consellería de Economía e Industria, na súa epígrafe de normativa, e no taboleiro de anuncios das respectivas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra (respecto das presentacións das reclamacións e a resolución destas, seguiranse os prazos previstos na Orde do 10 de febreiro de 2011).

Ampliar nova

Javier Guerra salienta a alta calidade da xoiería galega na vista á exposición “Tesouros Privados”

14-4-2011

O conselleiro de Economía e Industria sinalou que os oficios e calidade das pezas artesanais son fundamentais para achegar o saber facer galego á sociedade e impulsar a súa introdución nos diferentes mercados. O obxectivo principal da mostra é acadar o recoñecemento do valor engadido que posúen as pezas “pensadas, deseñadas e fabricadas en Galicia”, pezas e deseños amparados á súa vez pola marca Artesanía de Galicia, como símbolo de calidade e de prestixio. A Consellería de Economía e Industria está a dirixir os seus esforzos no apoio e no fortalecemento do sector artesán galego, a través da Dirección Xeral de Comercio e mais da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, así como da consolidación da marca Artesanía de Galicia.

Ampliar nova

Presentación en Tui da exposición "Experiencias Gravadas"

7-4-2011

Hoxe xoves 7 de abril ás 20:00 h se presenta na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra titulada “Experiencias gravadas” que amosa os traballos realizados ao longo do curso de iniciación ao gravado celebrado en Tui o pasado ano e dirixido polo artesán gravador Xabier de Sousa.

Ampliar nova