Novas

Economía e Industria impulsa a divulgación dos oficios artesáns nas festas da Estrada

24-6-2011

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño leva un stand promocional da marca Artesanía de Galicia no que participan dúas artesás especializadas no téxtil e na cestería que realizarán demostracións e talleres prácticos dirixidos aos nenos entre o 24 e o 27 de xuño.

Ampliar nova

Economía e Industria abre o prazo de presentación de candidaturas para a renovación de vogais da Comisión Galega de Artesanía

3-6-2011

A Consellería expón o censo definitivo dos artesáns de cada provincia e recibirá as solicitudes dos candidatos ata o vindeiro 20 de xuño. Na Comisión Galega de Artesanía están representados de forma paritaria as administracións e o sector artesán que, á súa vez, conta con representantes a partes iguais tanto das asociacións coma dos artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Ampliar nova

Economía e Industria pon en marcha o proxecto "Enredando, artesanía na escola"

Nava Castro nun momento da presentación

19-5-2011

En colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Economía e Industria presenta un proxecto didáctico que achega o mundo da artesanía ás escolas. Esta iniciativa pretende dar a coñecer os oficios artesáns aos máis novos co obxectivo de concienciar a sociedade do valor do produto feito á man e presentarlles que a artesanía é unha boa alternativa para o seu futuro laboral.

Ampliar nova

Nava Castro visita o taller E. Ferro en Vila de Cruces

18-5-2011

A directora xeral de Comercio, Nava Castro, e a xerente da Fundación Centro Galego de Artesanía, Elena Fabeiro, mostraron o respaldo da Consellería de Economía e Industria ao traballo artesán feito en Galicia cunha visita ao taller E. Ferro en Vila de Cruces (Pontevedra).

Ampliar nova