Novas

Presentación en Tui da exposición "Experiencias Gravadas"

7-4-2011

Hoxe xoves 7 de abril ás 20:00 h se presenta na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra titulada “Experiencias gravadas” que amosa os traballos realizados ao longo do curso de iniciación ao gravado celebrado en Tui o pasado ano e dirixido polo artesán gravador Xabier de Sousa.

Ampliar nova

Elena Fabeiro asiste á 1ª Xornada Técnica Artesanía en Mallorca

25-3-2011

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño viaxa a Palma de Mallorca para participar na “1ª Xornada Técnica Artesanía en Mallorca” organizada polo Departamento de Economia e Turismo do goberno balear.

Ampliar nova

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, acudiu á inauguración do Obradoiro - Museo de olería de Bonxe no concello de Outeiro de Rei

24-3-2011

A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, visitou onte o Obradoiro-Museo de Pepa Lombao en Bonxe un dos catro centros oleiros tradicionais cos que contamos en Galicia e do que Pepa é a única representante en activo. Quixo agradecer persoalmente o esforzo que está a facer en prol da conservación e promoción da olería e a artesanía da comarca de Outeiro de Rei e en xeral da nosa comunidade.

Ampliar nova

A exposición dos Premios Nacionais de Artesanía 2010 amosa as pezas de tres artesáns galegos

11-3-2011

Óscar Rodríguez, Rosa Méndez e Viviana Araújo figuran entre os finalistas da categoría Produto na quinta edición dos premios convocados polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. A mostra recolle as pezas dos gañadores e dos finalistas nas tres categorías dos Premios Nacionais de Artesanía 2010 e poderase ver en Toledo do 10 de marzo ao 30 de abril.

Ampliar nova