Novas
19-4-2011
O censo electoral pódese consultar chamando ao 881 999 175, no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da Consellería de Economía e Industria, na súa epígrafe de normativa, e no taboleiro de anuncios das respectivas xefaturas territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra (respecto das presentacións das reclamacións e a resolución destas, seguiranse os prazos previstos na Orde do 10 de febreiro de 2011).
Ampliar nova
14-4-2011
O conselleiro de Economía e Industria sinalou que os oficios e calidade das pezas artesanais son fundamentais para achegar o saber facer galego á sociedade e impulsar a súa introdución nos diferentes mercados.
O obxectivo principal da mostra é acadar o recoñecemento do valor engadido que posúen as pezas “pensadas, deseñadas e fabricadas en Galicia”, pezas e deseños amparados á súa vez pola marca Artesanía de Galicia, como símbolo de calidade e de prestixio.
A Consellería de Economía e Industria está a dirixir os seus esforzos no apoio e no fortalecemento do sector artesán galego, a través da Dirección Xeral de Comercio e mais da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, así como da consolidación da marca Artesanía de Galicia.
Ampliar nova
7-4-2011
Hoxe xoves 7 de abril ás 20:00 h se presenta na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra titulada “Experiencias gravadas” que amosa os traballos realizados ao longo do curso de iniciación ao gravado celebrado en Tui o pasado ano e dirixido polo artesán gravador Xabier de Sousa.
Ampliar nova
25-3-2011
A xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño viaxa a Palma de Mallorca para participar na “1ª Xornada Técnica Artesanía en Mallorca” organizada polo Departamento de Economia e Turismo do goberno balear.
Ampliar nova