Novas

Economía e Industria inviste 30.000 euros na organización da Feira de Artesanía Mostrart

Imaxe de autoridades

30-7-2011

A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, participaron no acto de inauguración deste evento que estará aberto entre o 30 de xullo e o 15 de agosto nos Xardíns Méndez Núñez da Coruña. Nava Castro destacou a importancia de Mostrart como un evento de referencia en Galicia tanto polo número de expositores, que este ano rondan os 60, como pola afluencia de visitantes.

Ampliar nova

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño da Consellería de Economía e Industria resulta finalista dos Premios Nacionais de Artesanía

Peza dun finalista

22-7-2011

<p>Os galardóns nacionais de artesanía recoñeceron o importante labor da Consellería de Economía e Industria a prol do desenvolvemento do sector artesán galego e da marca Artesanía de Galicia, ao seleccionar o traballo da Fundación como un dos finalistas da categoría Promociona.</p><p>O apoio ás candidaturas á sexta edición dos Premios Nacionais de Artesanía supón unha aposta para dar a coñecer a alta calidade do produto artesán que se está a elaborar hoxe en día en Galicia.</p><p>Galicia resultou a Comunidade Autónoma con máis artesáns entre os finalistas, entre os que se atopaban Arturo Álvarez Calor Color S.L., Elena Ferro Lamela, Idoia Cuesta Alonso e Regal Cerámica S.L., que resultaron seleccionados nas categorías “Premio Nacional”, “Produto”, “Innova” e “Promociona”, respectivamente. </p>

Ampliar nova

Economía e Industria apoia a celebración da Feira de artesanía e deseño de Pontevedra

20-7-2011

Chalana 2011 celébrase na Praza de Ourense entre o 20 de xullo e o 7 de agosto e nela participarán 12 artesáns especializados nos eidos do tecido, da cerámica, da serigrafía, da pintura, do coiro, da prata, dos xoguetes e dos instrumentos musicais tradicionais. A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, participou esta mañá na inauguración da cuarta edición desta feira de artesanía e deseño

Ampliar nova

Economía e Industria apoia o IV Congreso Internacional de Encaixe e Artesanía Téxtil de Ourense

11-7-2011

A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, participou o domingo no desfile de moda de artesanía téxtil que se celebra no marco deste encontro de palilleiras que se está a celebrar no Auditorio Municipal de Ourense entre o 7 e o 13 de xullo. O Congreso incluíu seminarios sobre diferentes técnicas do encaixe características de Galicia, Rusia, Eslovenia, Alemaña, Dinamarca, Bélxica e a República Checa, así como unha exposición de pezas aberta ao público no mesmo recinto.

Ampliar nova