Novas

Economía e Industria destina 900.000 euros ás axudas para obradoiros artesáns de toda Galicia

28-2-2011

O Diario Oficial de Galicia publicou o venres a resolución da Orde do 26 de xullo de 2010, pola que se convocaba as subvencións a talleres artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía para o ano 2010. As 114 solicitudes aprobadas están dirixidas á realización de obras nos locais de traballo, á incorporación da innovación e do deseño ao proceso produtivo, á divulgación e promoción do produto artesán, á realización de cursos de formación especializada, á adquisición de maquinaria e equipamento informático ou á asistencia a feiras con stand propio. A Consellería ampliou en 2010 o crédito orzamentario destinado a estas axudas, así como a porcentaxe máxima subvencionable, que pasa do 60 ao 70%, ata un máximo de 25.000 euros por obradoiro.

Ampliar nova

Economía e Industria pon en marcha un catálogo de pezas de Artesanía de Galicia orientadas ao agasallo institucional

25-2-2011

A través da Dirección Xeral de Comercio e da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a Consellería continua co seu impulso á comercialización do produto artesán galego, a través dunha nova iniciativa que introduce a artesanía no eido do agasallo institucional e corporativo. O catálogo está composto por 65 propostas relacionadas coa cerámica, a xoiería, o vidro, a olería, a madeira, o téxtil, o coiro ou a encadernación, elaboradas por un total de 51 obradoiros artesáns, que se presentarán na embalaxe propia da marca Artesanía de Galicia.

Ampliar nova

Economía e Industria organiza un curso de técnicas de sombreirería para artesáns

24-2-2011

Con esta actividade, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño inaugura o seu calendario de formación especializada para o ano 2011, que inclúe arredor de 25 cursos que se desenvolverán en diferentes localidades galegas. A xerente da Fundación, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata Gondomar para visitar o desenvolvemento do curso que está impartido pola artesá Viviana Araújo e remata o sábado 26 de febreiro.

Ampliar nova

Economía e Industria presenta o calendario de formación especializada para artesáns do primeiro cuadrimestre de 2011

9-2-2011

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño organizará seis cursos relacionados cos eidos do téxtil, da madeira, do encaixe, do gravado ou da xoiería, que se desenvolverán ata o mes de abril en diferentes localidades galegas. A Consellería continuará este ano coa liña iniciada en 2010 organizando actividades formativas de carácter transversal relacionadas coa aplicación da innovación a todos os aspectos da artesanía, dende a creación do produto ata a súa comercialización e promoción. As actividades comezan o vindeiro 21 de febreiro en Gondomar, cun curso especializado en técnicas de sombreirería impartido pola artesá Viviana Araújo.

Ampliar nova