Novas

A Xunta apoia en Riotorto a recuperación, mantemento e divulgación dos oficios artesanais tradicionais

XI Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto

15-4-2017

A Feira da Artesanía do Ferro actúa como punto de encontro para os profesionais do oficio e como elemento dinamizador económico e cultural da zona.

Ampliar nova

A Xunta e o Concello de Mondoñedo reforzan a súa colaboración na recuperación da olería local

7-4-2017

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a alcaldesa, Elena Candia, presentaron hoxe un acordo polo que a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño cede material e maquinaria para o Alfar dos Muíños. Varios artesáns están interesados en traballar nestas instalacións tralo curso impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Está previsto desenvolver novas iniciativas formativas para favorecer a incorporación de profesionais á olería mindoniense.

Ampliar nova

A Xunta apoia a visibilización do sector artesán na Coruña participando na iniciativa Oficios en acción

Visita a Oficios en acción. A Coruña.

2-4-2017

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visitou o desenvolvemento dos catro obradoiros que teñen lugar na cidade. A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora, por medio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, cos diversos proxectos que se organizan en Galicia co motivo dos Días Europeos da Artesanía. Esta semana abriuse o prazo de solicitudes para as axudas para o fomento da comercialización da artesanía galega e da súa competitividade, dirixidas tanto a obradoiros como a concellos ou asociacións, nas que se investirán 215.000 euros.

Ampliar nova

A Xunta destaca en Cervo a importancia de achegar o valor patrimonial e económico da artesanía á sociedade

Visita a Estaleiros Fra. San Cibrao, Cervo (Lugo)

1-4-2017

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, visita o obradoiro de carpintería de ribeira Estaleiros Fra e o XIV Encontro de Palilleiras. A Consellería colabora, por medio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, cos diversos proxectos que se organizan en Galicia co motivo dos Días Europeos da Artesanía. Esta semana abriuse o plazo de solicitudes para as axudas ao sector, dirixidas tanto a obradoiros como a concellos ou asociacións, nas que se investirán 215.000 euros.

Ampliar nova