Novas

A Xunta anima a agasallar Artesanía de Galicia este Nadal e destaca a calidade e a diversidade do sector

Este Nadal agasalla Artesanía de Galicia

9-12-2016

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, visitou hoxe en Santiago a tenda/obradoiro Media Lúa, dedicada á fabricación e venda de artigos de marroquinería. Subliña a aposta polo comercio de proximidade en datas que supoñen un importante impulso ao sector.

Ampliar nova

A Xunta promove a diversificación do traballo das redeiras con iniciativas de formación

Curso Deseño e aplicación das técnicas das redeiras ao sector da moda

1-12-2016

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, visitaron hoxe en Rianxo o curso que está a impartir o equipo creativo da empresa D-Due. A Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Consellería do Mar colaboran no desenvolvemento de actividades formativas para o sector das redeiras centradas en deseño, complementos de moda e bixutería.

Ampliar nova

A Xunta apoia o sector da xoiaría artesanal para impulsar a súa competitividade e internacionalización

Inauguración exposición xoieiro artesán Óscar Rodríguez en Lugo

29-11-2016

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, acompañada da xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, asistiu esta tarde en Lugo á inauguración da exposición Tesouros do mar e da terra, do xoieiro artesán Óscar Rodríguez. A mostra, que se poderá visitar ata o 28 de decembro na sala Capela de Santa María, recolle unha escolma de 50 pezas cun deseño ligado á natureza e realizadas con cunchas mariñas, minerais, ouro e pedras preciosas.

Ampliar nova

O Colexio de Xoiaría de Galicia recoñece a traxectoria do sector na súa Gala anual que nesta edición se celebrou en Teo

Gala da xoiería galega San Eloi 2016

27-11-2016

◾A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que recibiu a Medalla do Colexio, participou no encontro que conmemora o patrón deste oficio, San Eloi ◾Destaca a importancia de impulsar as novas tecnoloxías neste sector artesán para incrementar a súa competitividade e internacionalización

Ampliar nova