Adanegra

Dende 2001 temos taller de artesanía téxtil de e para mentes e corpos de muller. A nosa conciencia ética parte do coñecemento do corpo, o que nos leva a facer roupa que se acomode a el, non a inversa. Non facemos patronaxe convencional e sempre creamos a peza única. Partimos dun tecido de algodón que tinximos artesanalmente ao lume e secamos ao sol e todas as nosas materias primas son locais e procedentes da pequena empresa. Moitas das nosas materias son mercadas nas tendas da nosa localidade. Tentamos minimizar o transporte, a auga e a electricidade, conseguindo un consumo mínimo polo aproveitamento dos propios recursos naturais. Do mesmo xeito, o lixo que xeramos é moi reducido. Avogamos polo trato persoal, pola individualidade: dende o que respecta aos nosos clientes e provedores, ata a nós mesmas.

Todas as nosas pezas son PEZA ÚNICA e están feitas de principio a fin.

Somos integrantes dunha prataforma galega de moda sostible MOV3 e o noso taller está inscrito co número 637 no rexistro de talleres artesanais de Galicia.

TODO FEITO EN GALICIA.

 

Catálogo de Adanegra: accede á descarga premendo aquí.

Adanegra nace cando María e Nieves atópanse e descobren necesidades en común.

Por un lado, a de crear roupa diferente e asequible coa que sentirse cómoda e feminina. Por outro, a de crear a súa propia marca con criterios ético sostibles que cumplimentasen as súas necesidades laboráis.

A idea de traballar con tecidos de algodón usados habitualmente na industria da pesca foi algo que as relacionaba coas suas vidas nun pobo da costa galega.

Dende 2001 ata ó día de hoxe todo foi en xusta evolución; novos tecidos,novas texturas, novos diseños, novas cores,…novos respetos que aparecían no camino,… Sempre creando a PEZA ÚNICA. Sempre sen pratonaxe convencional. Sempre facendo as pezas de principio a fin. Sempre tinxindo artesanalmente en olas e secando ó sol,…

E nunca cambiando a necesaria sensación de respecto; tanto no referente a elas e as súas respectivas vidas como aos clientes e á empatía que todos merecemos sentir. Sempre mantendo un trato persoal; con nomes de persoas e non números ou “ alias”, sempre disfrutando do traballo e sempre creando.

  • Abrigo

    Abrigo

  • Blusón

    Blusón

  • Blusón

    Blusón

  • Camisa blusón

    Camisa blusón

  • Camiseta

    Camiseta

  • Chaqueta

    Chaqueta

  • Chaqueta

    Chaqueta

  • Chaqueta

    Chaqueta

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Conxunto

    Conxunto

  • Falda

    Falda

  • Xersei

    Xersei

  • Xersei

    Xersei

  • Versatilidade

    Versatilidade

  • Versatilidade

    Versatilidade

  • Vestido

    Vestido

  • Vestido

    Vestido

  • Vestido

    Vestido

  • Vestido

    Vestido

  • Vestido

    Vestido

  • Vestido

    Vestido

  • Vestido

    Vestido

  • Vestido

    Vestido

  • Vestido

    Vestido

Enderezo

Rúa Candeira,2

36780 A Guarda

Pontevedra

  • Teléfono: 646354830 / 669642181
  • Email: talleradanegra@hotmail.com