Ana Camba Cerámica de autor

Ana Camba iníciase na cerámica no ano 1989. Apostando pola vida no rural abre o seu taller de cerámica no ano 1992, en Chandrexa de Queixa enclavado no macizo central (Ourense), onde a paisaxe, a tranquilidade e o contacto coa natureza fai que se reflicta nas súas coleccións, así se poden atopar nomes como Lava, Codia, Fusión…

A actividade comeza co deseño, co desenvolvemento da peza e coa investigación dos esmaltes. A maior parte dos deseños xorden de inspirarse no antagonismo da natureza (Montaña e Mar). As pezas elabóranse totalmente á man empregando para iso diferentes técnicas e materiais, algúns non cerámicos como madeira, coiro, lousa, empregando como base as pastas e esmaltes de alta temperatura.

 Na decoración das súas pezas, os esmaltes aplícanse de forma singular que combinándoo coas texturas consegue un traballo único. O obradoiro conta cunha pequena sala de exposición onde se pode ver e adquirir as súas pezas, ao igual que nas tendas de artesanía, regalo e decoración de Galicia e de fóra dela.

A artesá formouse de xeito autodidacta. Nos seus comezos, Ana Camba deu a coñecer o seu traballo participando en exposicións individuais e colectivas outra forma de dar a coñecer as súas obras foi a través das feiras profesionais.

Presentou as súas coleccións baixo a marca Artesanía de Galicia e baixo a súa propia marca, Ana Camba cerámica de autor, nos mellores salóns de feiras do sector (Madrid Barcelona..). E a nivel internacional (Frankfurt, Oporto, París... ) Dende estes escaparates o seu traballo foi nomeado en publicacións de prestixio e as súas pezas viaxaron a tendas e galerías de outros países.

Participou na 2ª edición do proxecto de incorporación do deseño ao sector artesán organizado pola Fundación Española para la Innovación de la Artesanía, no que participaba Galicia a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Traballou coa deseñadora Chantal Carbonell , nunha colección de puntos de luz. O deseño xurdiu coa idea de que a materia predominara en todas as pezas e así expresara o que a obra de Ana transmite: terra, natureza, orixe, raíz, forza, materia, pureza,….

Actualmente o seu traballo transcorre paralelo á investigación con novos elementos, como arxilas e minerais locais, sendo o seu obxectivo desenvolver novas texturas nos esmaltes.

  • Cantara

    Cantara

    Colección Pellizco

  • Erizo

    Erizo

    Colección Océano

  • Materias

    Materias

    Colección Fusión

  • Moa

    Moa

  • Reloj

    Reloj

    Colección Cenza

  • Busto

    Busto

  • Ares

    Ares

    Colección Océano

  • Lámpara

    Lámpara

    Colección Corteza

  • Plato

    Plato

    Colección Nudos

  • Espiral

    Espiral

    Colección Adosadas

  • Verde que te quiero verde

    Verde que te quiero verde

    Colección Poemas

Enderezo

Concello nº7

32786 Chandrexa de Queixa

Ourense

  • Teléfono: 988 334013
  • Fax: 988 334013
  • Email: ana@anacamba.com